Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 06 Janeiro 2017 15:32 Última modificação em Domingo, 08 Janeiro 2017 16:44

Presente natalício da Sogama: 275 milhons de euros públicos para "continuar a descumprir a lei"

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

O presidente de SOGAMA vén de anunciar a licitación por 275M€ da ampliación do complexo para queimar aínda máis, sobre todo 'materia orgánica'. Con este gasto pretenden poñense en 2020 'reciclando' o 15% cando Europa fixa un mínimo do 50%...

Fuxida cara adiante para facer máis evidente o fracaso de SOGAMA

Despois de 20 anos e centos de millóns de € de cartos públicos gastados para "tratar" o lixo do 94% dos concellos galegos, o índice total de reciclaxe de SOGAMA é dun paupérrimo 3,32%, tecnicamente equivalente ao dun vertedoiro. Agora, SOGAMA pretende acadar un 15% de recuperación para 2020 pola vía de incrementar a capacidade incineratoria.

Serán outros 275 millóns de € para, en palabras do Presidente de SOGAMA Sr. Domínguez, "queimar máis materia orgánica", e que os fornos crematorios funcionen a pleno rendemento as 24 horas do día os 365 días do ano.

A ´solución final´do PP: máis incineración!

Efectivamente, logo de fracasado o proxecto da incineradora do Sur, e perante a obcecación do PP en seguir apostando pola incineración contra toda a normativa europea, estatal e mesmo galega, o paso lóxico era ampliar as instalacións de Cerceda. Mais en lugar doutra incineradora, optan por intensificar o uso da actual, queimando máis materia orgánica que até o de agora estaba indo directamente a vertedoiro.

Eis as condicións da licitación:

"O alcance fundamental deste contrato [...], será o de garantir en todo momento, durante as 24 horas do día, o fluxo de alimentación de Combustible Derivado de Residuos (CDR) en cantidade e calidade óptimas para o correcto funcionamento das dúas caldeiras da Planta Termoeléctrica (PTE) do Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC)."

Isto é, manter os fornos da incineradora -a "solución final" do PP- funcionando a pleno rendemento as 24 horas do día.

E se os fornos crematorios non poden queimar todos os residuos que lle chegan, pois o seu destino (mesmo da materia orgánica que por lei debe ser separada e compostada) é o vertedoiro da Areosa, no que xa se amorean 6 millóns de toneladas de lixo:

"No caso de que a PTE se atope parada ou sexa incapaz de absorber todo o combustible producido nas instalacións, e en concreto da PRTE [Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible], disponse dun almacén cunha capacidade duns 47.000m3 para almacenar o CDR producido, o cal será utilizado naqueles momentos nos que a PTE requira este e a PRTE non sexa capaz de proporcionarllo. Debe terse en conta que a capacidade de valorización enerxética de CDR por parte da PTE está limitada, polo que será necesario o transporte ao Vertedoiro de Areosa por parte do adxudicatario a súa costa, de forma continua, dunha parte dos rexeitamentos procedentes da planta de Clasificación de materiais contidos nos RU, así como de todo ou unha parte do excedente de materia orgánica, tamén considerado como un rexeitamento desta planta."

Fica ben claro: o obxectivo de gastar 275 millóns de cartos públicos é fabricar máis combustíbel para queimar na incineradora, mais como a capacidade desta é limitada, moitos dos materiais sobrantes, mesmo materia orgánica (considerada como un rexeitamento!) irán a vertedoiro.

E cómpre lembrar que a incineración que fai SOGAMA non pode denomirarse "valorización enerxética", xa que non chega ao mínimo de eficiencia (0,6) que marca a Directiva de residuos 2009/98/CE. Trátase dunha simples eliminación, equivalente a un vertido, polo que podemos dicer que a Xunta vai gastar 275 milóns de € en seguir eliminando a maior parte dos residuos que "trata", un enorme desbaldimento de cartos públicos que só o PP teima en manter... Por que?

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar