Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 10 Novembro 2016 16:45 Última modificação em Sábado, 12 Novembro 2016 10:39

Sogama gava-se de ter um dos índices de reciclagem mais baixos da Europa

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Logo de 8 anos de silencio (e por imperativo legal, consonte a Lei 1/2016 de Transparencia) SOGAMA vén de publicar a súa memoria de actividade de 2015.

Dende 2008, e coincidindo coa chegada de Feijóo ao poder, as cifras de SOGAMA eran segredo de estado. Tan só datos espallados nos Planos de residuos e algún outro documento solto permitían á sociedade galega, accionista maioritaria da empresa (51% Xunta; 49% GN Fenosa), albiscar o que estaba a acontecer intramuros do complexo de Cerceda.

Uns índices de reciclaxe propios do franquismo

As cifras que amosa esta memoria de sustentabilidade de 2015 (accesíbel nesta LIGAZÓN, e só en español) explican a renuencia da Xunta a partillar esta información en público. Nese ano, o índice total de reciclaxe (toneladas recicladas/toneladas xestionadas) acadou o 0,00332. Isto é, SOGAMA só recicla 3,32 toneladas de cada 100 que recibe (3,32%), un dos índices máis baixos de Europa e tecnicamente equivalente a un vertedoiro. Chama tamén a atención que as cifras de reciclaxe no 2015 foran mesmo inferiores ás de 2014 (6,3%) e 2013 (3,4%): SOGAMA cada vez recicla menos!

Se comparamos estas ridículas cifras de reciclaxe coas que amosan os outros sistemas cos que SOGAMA compite en desventaxa en Galiza, para o complexo de Nostián (Coruña e a Mancomunidade das Mariñas) a reciclaxe acada o 13,4%; e para a Mancomunidade Serra do Barbanza (Lousame) o 35,7%. Cómpre perguntármonos como é que a Xunta-SOGAMA vai cumprir cos obxectivos mínimos de reciclaxe que a UE fixa no 50% para 2020, se cada ano recicla menos.

Os postos de traballo tampouco son excusa

Outras interesantes conclusións que podemos tirar da memoria que vén de publicar SOGAMA refírense aos postos de traballo que xenera unha instalación que "trata" o lixo do 94% dos concellos galegos. Cun custo anual de máis de 118 millóns de €, o persoal propio de SOGAMA ascende a 23 persoas, todas de perfil administrativo e técnico. E contando o emprego das empresas subcontratadas, hai outras 329 persoas que traballan no complexo, facendo un total de 352.

Considerando a cantidade de residuos xestionados por SOGAMA, o ratio de postos de traballo para 100.000 toneladas é de aproximadamente 43. Facendo o mesmo cálculo para a planta de compostaxe da Mancomunidade do Barbanza, que emprega a 150 persoas para tratar 34.000 toneladas/ano, a intensidade de xeración de traballo por cada 100.000 toneladas sería de 441. A compostaxe xenera unhas 10 veces máis postos de traballo que a incineración / vertido!

A Comisión Europea sinala que a incineración de SOGAMA é eliminación

Nunha recente comunicación, a Comisión Europea vén de respostar a unha pregunta de Josu Juaristi (EH Bildu) apresentada a inciativa do BNG, confirmando que SOGAMA nen sequera valoriza enerxeticamente a metade dos residuos que recibe e incinera, tal como denunciaron os colectivos ecoloxistas galegos.

A CE argumenta que “a explotación das instalacións [incineradora] con níveis de eficiencia enerxética inferiores ao umbral está autorizada, pero debe considerarse que efectúan unha eliminación, e non unha valorización”. Se ben non é ilegal que SOGAMA incinere por debaixo dos níveis de eficiencia que marca a Directiva de residuos 2009/98/CE, o que fai non pode ser considerado valorización enerxética e si eliminación (último chanzo na xerarquía de tratamento).
SOGAMA manda directamente a vertedoiro o 26% dos residuos que recibe (datos da memoria de 2015), queimando o 74% restante, malia a publicitar –e cobrar- como valorización enerxética o que non é máis que outra forma de vertido.

A 4 anos de que a reciclaxe teña que acadar o mínimo do 50% fixado pola UE, a Xunta parabenízanse por ter chegado ao 3,3%. Cun modelo máis propio dos anos 70 do pasado século, SOGAMA segue engulindo enormes cantidades de recursos públicos inmune a toda lexislación e a toda lóxica. Que intereses hai derás deste enorme despropósito?

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar