Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 12 Janeiro 2017 07:58

COG integra-se na CIG na Mercadona

Avalie este item
(2 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: AA/DL

[André Abeledo Fernández] Pese as presións da empresa e dos sindicatos maioritarios a sección sindical da COG en Mercadona, (Central Obreira Galega), acadou un estupendo apoio entre o cadro de persoal, nas eleccións a representantes sindicais no potente e influínte grupo empresarial Mercadona na provincia de A Coruña.

Hoxe a COG, despois dun período de transición, intégrase totalmente na CIG. Así que a partir de agora, definitivamente a CIG  está en Mercadona para quedarse. Na comarca de Ferrolterra André Abeledo (Sindicalista e Concelleiro de EU Narón) é o delegado de Persoal que representa a Sección Sindical da CIG en Mercadona, María López que recentemente foi entrevistada no programa "SALVADOS" en "LA SEXTA" por Jordi Évole nun programa dedicado a MERCADONA é delegada de persoal en A Coruña xunto a David Matos e Verónica Martinez, e Otilia Guimil é a representante da CIG en Santiago de Compostela.
A Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña ven de sacar o seguinte comunicado:

"A COG XA É A  CIG

A COG, despois dun período de transición, intégrase totalmente na CIG. Así que, xa sabedes, a partir de agora, definitivamente a  está en Mercadona para quedarse.

Ao voso servizo sempre. Coas ideas claras e sen medo, estamos sempre dispostos a axudarvos.

Somos o único sindicato que defende os intereses dos traballadores e traballadoras de Mercadona. Con valentía e independencia. Sen calarnos nunca e sempre ben preparados para explicar a realidade das nosas condicións laborais e intentar mudalas.

A pesar de que as reunións do Comité están preparadas para que a empresa repita até a saciedade a súa mensaxe triunfalista, nós transmitimos os verdadeiros problemas existentes nas tendas.

Á empresa non lle queda máis remedio que recoñecer certas situacións e comprometerse a solucionalas. Interésanos resaltar algún asunto que, con insistencia, repetimos en tódalas reunións: —Calquera alteración horaria ou o traballo en festivos é totalmente voluntario. Así o recoñece a empresa cada vez que denunciamos situacións onde se “convence” aos traballadores para realizar cambios en contra da súa vontade. —Se apreciades calquera exceso de celo no cumprimento das normas ou abusos de autoridade por parte de calquera superior, comunicádenolo. Grazas á vosa colaboración xa se realizaron medicións específicas de riscos psicosociais en dúas tendas da Coruña e a situación mellorou. —Ante calquera papel que vos fagan asinar, esixide unha copia para vós. É unha obriga que ten a empresa e así conseguimos que o recoñecese. Non é normal asinar ningún documento e non quedarse cun duplicado. —Temos á vosa disposición escritos para revogar a cesión de datos médicos que fixeron asinar á maioría do persoal.

Xa sabedes. Para calquera dúbida, consulta, queixa, reclamación... as delegadas e delegados da CIG estamos á vosa disposición en calquera momento. Somos os únicos que garantimos a total confidencialidade e que traballamos con independencia da dirección da empresa. Só ao servizo dos traballadores."

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar