Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 14 Janeiro 2017 05:55

Solicitam a instalaçom de desfibriladores em locais públicos de Salvaterra, no Condado

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Saúde / Fonte: AC Lazoiro

Lazoiro considera de vital importancia a instalación de desfibriladores externos en lugares públicos onde hai actividades deportivas con gran afluencia de xente, así como a realización de cursos de formación para o persoal encargado de usar estes medios. 

O Pavillón Municipal de Salvaterra ou o Campo de Fútbol do Casal, son algúns dos exemplos que hai en Salvaterra nos cales debido á gran participación   de xente e o seu  uso deportivo fai de especial importancia a instalación de desfibriladores externos. Lazoiro tamén considera importante a realización de cursos de formación daquelas persoas responsables das diferentes disciplinas deportivas que se dan nas instalacións públicas do noso concello para poder facer un uso correcto dos aparellos.

O uso dos desfibriladores por parte de persoal con coñecementos ante unha parada cardíaca incrementaría ata o 90% as posibilidades de supervivencia nos primeiros cinco minutos, segundo o Foro de Expertos en Desfibrilación, por iso fanse cada vez máis necesarios e xa son moitos os concellos galegos que os teñen instalados.

Ademais, a  Asociación Lazoiro ten constancia dunha liña de axudas por parte da Deputación de Pontevedra publicada no “BOPOP” Nº226 do 23 de novembro de 2015, na que saíron  publicadas as bases e convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para adquisición de desfibriladores, onde entraría o Concello de Salvaterra, pero que o equipo de Goberno non solicitou

Por todo isto, Lazoiro pediulle ao Goberno de Salvaterra de Miño a instalación destes medios técnicos e a realización de cursos de formación para a boa utilización dos desfibriladores.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar