Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 13 Janeiro 2017 15:57 Última modificação em Domingo, 15 Janeiro 2017 18:03

Ativistas de Coia vam-se encerrar em Vigo para defender a inocência de Diego Lores

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: AAC

O colectivo reuniu máis de 1.500 sinaturas en apoio deste referente social acusado sen probas durante a loita veciñal da rotonda do Bernardo Alfageme. Este martes será xulgado.

A Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia [segundo elas/es] falsa por agresión dun axente municipal. O colectivo fai un chamamento a sumarse a esta nova acción en apoio da súa inocencia, coa que queren desmontar o que consideran unha montaxe policial que busca criminalizar a loita veciñal e social en Vigo, da que Lores é un dos seus referentes.

Un acto comunitario de 48 horas que terá lugar na Parroquia do Cristo da Victoria e que contará con charlas, obradoiros, actuacións musicais e a proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede, onde se rememora a loita veciñal da rotonda do Bernardo Alfageme que levou á imputación sen probas do activista. O peche finalizará coa veciñanza acompañando até os xulgados a Lores, que enfronta unha pena de 3,5 anos de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil. Unha acusación da que a propia Fiscalía recoñeceu en dúas ocasións que non existen probas.

Durante as últimas semanas, máis de 1.500 persoas de todo o Estado asinaron a favor da absolución de Diego, no marco dunha campaña realizada pola Asemblea de Coia en diferentes concellos galegos. “Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que cremos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes”, denuncian desde o colectivo veciñal.

Consideran que a instrución do procedemento contra Lores estivo marcada por contradicións e incongruencias por parte da Policía Local, que mantén a acusación particular malia carecer de probas. Como exemplo da criminalización, recordan que desde que comezaron as protestas pacíficas en 2014 contra o proxecto “megalómano e esperpéntico” do Bernardo Alfageme, sufriron xa numerosas multas, detencións e a condena do activista Xurxo Romero.

PROGRAMA DO PECHE

DOMINGO 15:

13:00 | Rolda de prensa na igrexa

14:00 | Xantar común

17:00 | Contacontos: Bea Campos e Davide González (Migallas teatro)

18:00 | Obradoiro: “Quérennos soas, téñennos en común”, coa participación de persoas de loitas veciñais en Málaga, Xixón, Compostela...

19:30 | Concerto: Mini e Mero

21:30 | Cea común

LUNS 16:

10:30 | Faladoiro:“Barrios: distintos lugares, mesma historia” co alumando do IES Alexandre Bóveda e coa presenza de Emiliano Tapia (Buenos Aires, Salamanca) e Emilio Suárez (Coia, Vigo)

14:00 | Xantar común

17:00 | Obradoiro: elaboración de barcos de papel

19:00 | Proxección de #MoitoPeixeRompeARede e coloquio

21:30 | Cea común

MARTES 17:

9:30 | Marcha colectiva até os xulgados acompañando a Diego Lores con parada na rotonda

10:00 | Concentración diante do Xulgado

10:30 | Xuízo de Diego Lores

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar