Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 13 Janeiro 2017 15:47

Pequefilmes traz este fim de semana curtas internacionais para crianças a Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: JR/DL

Os máis pequenos da casa terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: Pequefilmes, con proxeccións, premios do público e obradoiros familiares cos que descubrir a maxia da séptima arte.

Durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás proxectará máis dede 40 curtametraxes destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais i éticos sen perder de vista nunca o divertimento.

Ademais, tras o visionado das curtas, cada neno poderá valorar os filmes, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas que máis gustaron, facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.

As curtas seleccionadas en Pequefilmes 2017 son unha mostra representativa da actualidade do cinema infantil contemporáneo en formato miúdo, e concorren nela algúns dos máis exitosos e premiados traballos dos derradeiros anos. Ademais, o programa del festival complétase coa proxección da longametraxe O regalo de Molly Mostre, premio a mellor película de animación no pasado festival de Shangai.

Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrece catro obradoiros formativos cos que os cativos e os sus pais poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdica e práctica ao mesmo tempo: Obradoiro de Stop Motion en Cartolina, Obradoiro de Mesa de Luz, Obradoiro de Stop Motion en Plastilina e Obradoiro de Sonorización.

En breve poderedes consultar toda a programación de Pequefilmes na web da Cidade da Cultura: www.cidadedacultura.gal Pequefilmes. Festival de Curtas Infantís de Galicia é o primeiro certame cinematográfico destinado ós nenos e nenas que se celebra en Galicia, i está organizado por Gaiás. Cidade da Cultura en colaboración con Cinética. Cinética está formado por profesionáis especialistas na organización e programación de festivais de cine e outros eventos culturais no estado español con máis de 18 anos de experiencia.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar