O jugger tratase de un deporte novidoso que nace como a mestura entre a esgrima e o rugby. Tras o seu nacemento en Alemaña, chega ao resto de Europa onde arraiga especialmente no Estado Español e en Irlanda. Tras o seu inicio, o jugger crece de xeito exponencial gañando cada ano máis peso en sitios como Gran Bretaña ou E.E.U.U.
Desde a súa chegada ao Estado Español, Galicia convertese nun referente na súa practica, contando nas súas filas con tres equipos que gañaron o campionato mundial que se organiza anualmente en Alemaña.
Coa axuda do Concello de Salvaterra de Miño e organizado pola Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (ASJV) en colaboración coa Asociación Lazoiro, Salvaterra albergará este domingo o I torneo Irmandiño de Jugger, un aberto a nivel galego e que contará coa presenza dos equipos máis destacados de Jugger de Galicia, entre eles, o equipo vigués Vigo Ruins J.C. Por outra banda, tratarase dun torneo ranqueable que contará para o ranking nacional.
Este evento terá lugar no campo de fútbol do Casal, dando comezo ás 10:30 da mañá e concluirá aproximadamente sobre as 19:30 da tarde, coa entrega dos premios por parte da Tenente de Alcalde do Concello. Agárdase que o evento a traia a unha gran cantidade de xente apaixonada polos deportes alternativos, o que consagrará a Salvaterra de Miño como un exemplo de apoio á diversidade deportiva.