Médicos Sin Fronteras foi demandada a pasada semana ao non cumplir cos dereitos de conciliación familiar da nosa compañeira, captadora de fondos, en Santiago de Compostela.
A compañeira da CNT levaba pouco máis dun ano en situación de excedencia por coidado da súa filla e solicitou reincorporarse o pasado decembro. Trátase dunha situación prevista polo órgano lexislador, que protexe ás persoas que decidan conciliar as súas vidas profesionais e familiares por medio de este tipo de excedencia, obrigando ás empresas a reservarlles un posto de traballo sen supeditación á existencia de vacantes.