Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 07 Fevereiro 2017 10:56 Última modificação em Quinta, 09 Fevereiro 2017 18:13

Coletivo Nacionalista de Marim denuncia tratamento "colonial" à Galiza em termos de fornecimento elétrico

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas, Batalha de ideias / Fonte: CNM

"Levamos varios días en Marín padecendo cortes no subministro eléctrico en diversas zonas do municipio, e na maioría dos casos cunha duración de moitas horas. Esta situación causa un grave prexuízo ás persoas que quedan sen calefacción, sen poder cociñar ou se lles estragan os alimentos dos conxeladores, o mesmo acontece cos negocios de hostalaría e alimentación", din do Colectivo Nacionalista de Marín.

"Todos os anos temos que sofrer a mesma historia cada vez que chega unha borrasca un pouco forte. Acaso as empresas eléctricas non saben que en Galiza chove, que temos temporais? Por suposto que o saben, o que non queren e gastar os cartos en manter as liñas. A estas empresas só lles importa cobrar uns recibos cada vez máis altos sen prestar un servizo en condicións".

O mapa de incidencias de Gas Natural Fenosa evidencia o tratamento colonial que recibe Galiza, como facían a Gran Bretaña ou a Francia ás súas colonias africanas. Na páxina web desta empresa puidemos ver centos de incidencias na nosa terra mentres no resto do estado apenas se producían alteracións no subministro de electricidade. Acaso en Asturias ou Cantabria non hai temporais de vento e choiva?

Coa suposta liberalización do sector eléctrico vendéronos unha mellora do servizo e unha baixada dos prezos. Nin unha cousa nin a outra. O que realmente temos é un oligopolio dunhas poucas empresas que soben os prezos ano tras anos mentres abandonan o mantemento das liñas, cando menos en Galiza, provocando situacións como as que sofremos estes días.

"Estamos fartos de que nos traten coma cidadáns de segunda categoría, somos un país que produce e exporta electricidade ao resto do estado. Asolagaron os nosos vales para centrais hidroeléctricas, encheron os nosos montes de muíños de vento, e temos dúas centrais térmicas contaminantes. E como pago temos o peor servizo, o peor subministro eléctrico e ao mesmo prezo. Os galegos e galegas estamos financiando cos nosos recibos o transporte da electricidade que nós producimos a comunidades como a de Madrid, onde non se produce nin un solo megawatt".

Do Colectivo Nacionalista de Marín demandan "unha actuación contundente das administracións, da Xunta e do goberno central, sancionando ás empresas eléctricas e exixindo a mellora das instalacións e do seu mantemento. Queremos unha tarifa eléctrica propia que compense os prexuízos que padecemos".

Aínda que non podemos esperar ren dos que intercambian postos da administración pública por ben remuneradas cadeiras nos consellos de administracións das eléctricas, dando lugar a escandalosos xogos de portas xiratorias como o recente caso do Sr. Fernández de Mesa.

No caso de Marín, consideran necesaria unha intervención do Concello de Marín reprobando a actuación de Gas Natural Fenosa, e outras empresas eléctricas que presten servizo en Marín, que se dirixa a elas para demandar compensacións económicas aos usuarios e usuarias e que se poña ao servizo dos e das afectadas para asesoralas para reclamar polos danos sofridos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar