A cooperativa ten decido entregar anualmente este premio a aquelas persoas ou colectivos que colaboren dun ou outro xeito na creación de alternativas ao consumo. Foron precisamente estas alternativas unha das motivacións para a creación da Cooperativa Árbore, buscando a interacción entre produtoras en ecolóxico e consumidoras.
No 2016, case a principios deste ano, escolleuse a César Lema Costas pola súa grande labor neste eido. Permacultor e doutor en bioloxía, a súa traxectoria no fomento da soberanía alimentaria e un consumo máis xusto queda patente nas súas publicacións e múltiples obradoiros.
Este mércores, 8 de febreiro, ás 20:00 h, contaráncon él no local da cooperativa en Vigo para a presentación do seu último libro “Usos de 113 plantas silvestres – Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza”.
Nesta ocasión mostrará o porqué e como se debe incrementar o consumo humano de plantas silvestres para mellorar a saúde integral así como a do Planeta, sendo preciso menor superficie destinada a cultivos e usos agrícolas. Explicará 113 plantas silvestres na súa totalidade, dende a súa presentación ata as receitas máis axeitadas para o seu consumo. Así como todos os seus aproveitamentos (medicinal, culinario..etc).