Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 13 Fevereiro 2017 02:32 Última modificação em Terça, 14 Fevereiro 2017 11:25

Adega leva à promotoria de justiça os autorizaçons dos 'controlos' populacionais do lobo na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Solicita a suspensión das autorizadas e que se deneguen máis precintos. Este domingo celebrarase outra en Cotobade.

ADEGA leva a Fiscalía Ambiental do TSXG as autorizacións de caza do lobo ao entender que non cumpren coas condicións recollidas no Decreto 297/2008, do 30 de decembro, polo que se aproba o Plano de xestión do lobo en Galiza. Estase a dar unha incorrecta execución desta norma, e en consecuencia causando un prexuízo ambiental e ecolóxico a esta especie, menoscabando a protección da nosa fauna e flora máis singular. Consideran que no proceder da administración nesta cuestión podería haber suficientes indicios dun delicto de prevaricación administrativa, conforme ao artigo 404 do Código Penal.

Incumprimento reiterado da lexislación e desleixo na xestión da especie

ADEGA presenta unha detallada denuncia dos feitos diante da Fiscalía achegando argumentos que proban de que se estarían ditando resolucións para “controis poboacionais” de lobo de xeito discrecional, cun claro propósito de favorecer unha actividade cinexética que a lei de caza limita ostensiblemente.

Pretenden demostrar o proceder doloso por parte dos responsábeis administrativos, que sistematicamente ignoran as normas esenciais do procedemento, sometido  a unhas inexistentes “directrices de xestión”, e contravindo de maneira arbitraria a lexislación vixente (Decreto 297/2008).

O artigo 8 do Plano do Lobo dispón que para que teñan lugar “controis poboacionais” deberase previamente  comprobar a ineficacia dunha avaliación técnica dos danos sobre o gando, da adopción de medidas preventivas, do grao de conflitividade social e do estado poboacional do lobo, que deberá ser obxecto de seguemento. Resulta preceitivo ter en conta uns “gradientes de valoración de danos” e unhas “directrices de xestión” que a Administración non desenvolveu tal e como marca o Decreto do Lobo.

A ineficacia dos "controis" poboacionais a discreción

ADEGA lembra que nesta nova lexislatura a Consellería de Medio Ambiente incrementou as autorizacións para controis, ben con batidas ou con agardas, derivando algunhas nunha auténtica chafallada coma o recente caso de Friol, que rematou coa morte dun can. 

Onte domingo 12 tivo lugar outra en Cotobade, concello no que nos últimos meses autorizáronse varios "controis poboacionais" de lobo, en atención ás demandas dun particular que estaría resultando danado por ataques do lobo.

Para ADEGA a Administración non ten feito suficiente para afrontar esta problemática nen para desactivar o conflito, fallando nos incentivos e apoios e na posta en marcha de medidas de prevención, así como no pago áxil dos danos.

ADEGA inclúe na súa denuncia que sobre os controis poboacionais existe unha literatura científica xeralizada que indica que este tipo de medidas drásticas provocan un efecto contrario ao que pretende. A destrución ou alteración da particular estrutura social que marca as pautas de comportamento dos lobos que viven en grupos familiares, incrementa os ataques a presas fáciles, da que o gando ocupa unha posición preferente.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar