Trancorridos 26 meses desde que venceu o Convenio Estatal de Contact Center e ante o bloqueo por parte da patronal e o inmobilismo do sindicalismo español, a CIG convocou unha nova xornada de greve a nivel galego para o día 20 de febreiro, que en empresas como Extel, Atento e Abante contará ademais co apoio da CGT.
Esta mobilización convócase logo de que nas últimas reunións da mesa do convenio a patronal fixo propostas de subida salarial que suporían unha nova perda de poder aquisitivo.
Neste sentido, desde a CIG-Banca denunciouse que as teleoperadoras acumulan perdas desde 2009 equivalentes a unha paga.
| 
 Nivel  | 
 Salario 2009  | 
 Salario 2009+IPC  | 
 Salario actual  | 
 Perda salarial  | 
| 
 8  | 
 14.523  | 
 16.106  | 
 15.194  | 
 -912  | 
| 
 9  | 
 14.014  | 
 15.542  | 
 14.662  | 
 -880  | 
| 
 10  | 
 13.252  | 
 14.696  | 
 13.864  | 
 -832  | 
| 
 11  | 
 12.671  | 
 14.952  | 
 13.257  | 
 -795  | 
*Cálculos realizados co actualizador de rendas oficial do INE
Da CIG-Banca denúnciase que a perda pode ser maior, tendo en conta que o IPC de xaneiro de 2017 foi dop 3% a nivel estatal e dun 3,2% en Galiza.
Diante desta situación fa un chamamento a participar na greve do 20 de febreiro e nas concentracións convocadas en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense.
