O STEG xulga que as pensións, ao igual que a educación e a sanidade, son servizos públicos que o neoliberalismo imperante pretende facer pasar por non sostíbeis e coma organización que defende un ensino público de calidade, gratuíto e universal, o STEG non pode mirar cara outro lado diante desta ofensa neoliberal que nos invade e que promove unha poboación submisa aos recortes dos nosos dereitos e liberdades.
Por todo isto o STEG forma parte das Marchas da Dignidade dende a súa creación; por todo isto, tamén, o STEG anima a súa afiliación a que se sume á mobilización do día 25 de febreiro.
E porque as pensións son cousa de todas e todos, é desexo do STEG que un mar de xente inunde este sábado A Coruña e que berre ben alto: PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!