Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 28 Fevereiro 2017 17:28 Última modificação em Sexta, 03 Março 2017 00:38

Dignidade e direitos danificados na hospitalizaçom psiquiátrica no Complexo Hospitalário da Corunha

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Saúde / Fonte: COPG

O Movemento Galego da Saúde Mental foi coñecedor da denuncia presentada ante a Xustiza pola morte dun paciente psiquiátrico que, cando faleceu, se atopaba en contención mecánica ingresado na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Complexo Hospitalario da Coruña.

Este feito ocorreu no marco dunha Unidade de Hospitalización con importantes carencias, sostidas no tempo, e que implican danos importantes para os dereitos asistenciais dos pacientes da Área da Coruña, para os seus dereitos fundamentais e para a calidade asistencial esixible a un servizo sanitario público.

Esta UHP dispón de 32 camas ás que se lle poden sumar dúas máis, e mantén un nivel de ocupación total durante períodos longos. Son identificables déficits graves de dotación profesional, de infraestruturas residenciais e de funcionamento. Algunhas das deficiencias que se sinalan máis abaixo mesmo comprometerían a posibilidade de apertura desa Unidade, por incumprir as esixencias mínimas que a propia Consellería de Sanidade dispón para autorizar centros sanitarios, afastándose tamén gravemente dos estándares básicos de acreditación propostos polo Ministerio de Sanidade.

A saber:

• Está situada fóra dun hospital xeral situándose no Hospital Marítimo de Oza. Carece de suficiente espazo para actividades comúns dos pacientes e para a relación destes coas súas familias cando reciben visita.

• A metade das habitacións desta Unidade son de 3 camas e non dispoñen de baño na habitación, co cal 16 pacientes deben usar baños colectivos.

• Existe unha habitación para a contención mecánica, dotada con 3 camas separadas por cortinas, e poden coincidir nela en estado de contención homes e mulleres. Non se coñece protocolo específico sobre a indicación, uso, responsabilidade e garantía do procedemento de contención.

• Non existen sistemas organizativos que posibiliten e potencien a participación colectiva de todo o equipo asistencial na elaboración e desenvolvemento dos plans individuais de avaliación, tratamento e seguimento do paciente.

• Está infradotada de profesionais se se toman como referencia os documentos de planificación en saúde mental da propia Consellería de Sanidade, e se se pretende que o obxectivo sexa terapéutico e non só o control e a redución sintomática do paciente. Un só psiquiatra, xunto cun MIR, debe cubrir a garda dos hospitais do Complexo xunto coa da UHP. A UHP tería que dotarse de 1 psiquiatra e 2 psicólogos clínicos, carece de celadores (nos plans sinálanse 6 como os indicados para esa Unidade) e tamén serían necesarios 11 profesionais máis de enfermería.

• A selección de facultativos de psiquiatría para a cobertura de prazas temporais ten importantes déficits de transparencia. A tan necesaria confianza da cidadanía na garantía de que a Administración dá un trato igualitario a todas as persoas nos procesos de acceso ao emprego público é posta a proba polo o feito de que dúas fillas do propio Xefe de Servizo chegaran a ser contratadas para ocupar praza de psiquiatras nese mesmo Servizo.

O cadro que debuxan as deficiencias sinaladas pode que sexa só o marco do tráxico suceso que chamou a atención sobre esa Unidade. Pero, aínda que así fora, son patentes as discriminacións que sofren os pacientes psiquiátricos ingresados nesa UHP cando se os compara con pacientes afectados por outras enfermidades (a carencia de baño nas habitacións é un exemplo evidente). É arrepiante a existencia dunha habitación colectiva para a contención mecánica e, ademais, para ambos sexos simultaneamente. É deducible o empobrecemento da calidade asistencial cando no funcionamento da Unidade non participan e se coordinan os profesionais, e cando unha parte destes (os facultativos psiquiatras) non dispoñen de sistemas que garanten que o seu acceso ao emprego público é só por razón de mérito (sistemas que os protexerían de discriminacións ilexítimas e liberaríaos de potenciais débedas e servidumes persoais).

Dánase nesta situación o dereito das persoas alí ingresadas a un tratamento en condicións de igualdade cos demais usuarios do SERGAS, e o de acceso das mesmas á prestación de asistencia sanitaria á súa saúde mental, adecuada ós coñecementos e medios terapéuticos actuais (farmacolóxicos, físicos, psicolóxicos, sociais e de coidados), proporcionada en espazos que protexan a súa intimidade e dignidade, e máis aínda cando puidesen atoparse en grave condición de vulnerabilidade por ver limitada a súa capacidade de decisión autónoma.

Urxe a corrección destas deficiencias, por dereito dos pacientes e usuarios dese servizo, por respecto á dignidade das persoas e pola consideración debida dos xestores á cualificación dos profesionais e ao seu dereito a exercer a súa profesión en condicións que posibiliten a máxima utilidade sanitaria do seu saber.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar