No pasado mes de xuño, Médicos Sin Fronteras foi condenada por discriminación a unha traballadora e un traballador do sindicato CNT pola súa conduta ao non converter en indefinidos os seus contratos pola súa orixe estranxeira.
A ONG presentou recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que agora desestima a súa pretensión de ser absolta e dita unha sentenza que desmonta todos os pretextos de mala perdedora de Médicos Sin Fronteras.
Sinálase que, a pesar do alegado por Médicos Sin Fronteras, «a duración do contrato de traballo determina a duración da autorización para traballar, pero non á inversa" e que tal como se sinalou en primeira instancia, isto «comporta unha discriminación pola súa condición de estranxeiros».
Seguidamente, expresa a sentenza que «a prohibición de discriminación consagrada no art. 14 CE comprende non só a discriminación patente, é dicir, o tratamento xurídico manifesta e inxustificadamente diferenciado e desfavorable dunhas persoas respecto outras, senón tamén a encuberta, isto é, aquel tratamento formal ou aparentemente neutro ou non discriminatorio do que se deriva un impacto adverso en canto a medida carece de xustificación».
Arremete contra Médicos Sin Fronteras o Tribunal ao ditar que «xustamente a interpretación que admite realizar a empresa do citado art. 42.4 do RD 557/2011, é un indicio claro de discriminación dos demandantes, en tanto tal interpretación non é acorde co teor literal de tal precepto, comportando, polo demais, un trato diferenciado e prexudicial para os traballadores demandantes pola súa condición de estranxeiros».
Ademais, «aínda que non se discutiu tal extremo en suplicación, entendemos que a discriminación non sería en realidade indirecta, como sinala a sentenza de instancia, senón directa, xa que a práctica da empresa que nos ocupa soamente pode afectar pexorativamente a traballadores estranxeiros» e que «non nos atopamos ante unha discriminación indirecta ou encuberta, senón ante un tratamento xurídico manifesta e inxustificadamente desfavorables dunhas persoas (estranxeiros) respecto doutras (nacionais), que con arranxo ao exposto merece o reproche xurídico apreciado na instancia».
Finaliza o TSXG entendendo «que existiu unha discriminación pola condición de estranxeiros dos demandantes» e que «a práctica da empresa non pode xustificarse por unha finalidade lexítima».
Polo que se desestima o recurso de suplicación interposto por Médicos Sin Fronteras fronte á sentenza do 7 de xuño de 2016 e é condenada en custas e á perda do depósito para recorrer.
A sentenza en primeira instancia non sentou ben en Médicos Sin Fronteras que endureceu a campaña de deslexitimación e aumentou o acoso contra a traballadora e o traballador, así coma ao resto de filiación da organización anarcosindicalista, despedidos finalmente nun acto de represión sindical.
A sección sindical da CNT salienta que «Médicos Sin Fronteras, lonxe de depurar reponsabilidades, tratou de terxiversar e enterrar esta grave situación, que agora lles estoupa novamente na cara con máis dureza».
Por iso, a CNT reitera as súas esixencias e pide «o cese inmediato de Carmen Moraño Vigara, responsable do departamento de RRHH e promotora desta situación, ademais do de Gemma Ramos Juy, que enganou a todo o plantel do estado facendo unha lectura torticeira e sesgada da sentenza condenatoria».
A sección sindical de CNT segue a plantarlle cara aos abusos patronais desta multinacional da solidaridade. Na unión somos máis fortes.