Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 03 Março 2017 12:23

Parques privados de bombeiros: Matinsa expedientada pola inspeçom de trabalho

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: APR/DL

O comité de empresa do consorcio provincial de bombeiros, formado polos sindicatos SIBGAL, CCOO, UXT e CIG, informa que a inspección de traballo abre un procedemento contra Matinsa.

Inspección de traballo pronunciouse estimando que 18 dos 25 puntos que este comité denunciou, son incumprimentos da lei de prevención de riscos laborais.

A inspección de traballo considera que a empresa Matinsa non estaba a cumprir coas súas obrigacións e poñía en risco a seguridade dos bombeiros tanto nas tarefas diarias dos parques como nas intervencións nas cales é de aplicación a lei de prevención.

A inspección decidiu impoñer uns prazos á empresa para cumprir con certos requirimentos, mentres outros son de carácter inmediato. Empezando pola descontaminación dos traxes de intervención con contaminacións biolóxicas ou químicas, derivadas de intervencións en industrias, incendios ou accidentes de tráfico, deberán ser descontaminados por empresas especializadas e alleas ao servizo, non polos propios bombeiros como ata agora en lavadoras normais. Non hai que esquecer que bombeiros do Morrazo tiveron que acudir a unha excarceración durante os labores de extinción do incendio de Fandicosta e fixérono con traxes contaminados de amoníaco.

Os equipos NRBQ (Nuclear Radiológico, bacteriológico e Químico) deberán pasar todas as inspeccións que manda o fabricante, así como os equipos e profesionais da unidade de mergullo de Vilagarcía, que desde a entrada no servizo de Matinsa non pasaran os recoñecementos médicos propios dos mergulladores profesionais.

Revisar o material de altura e retirar o caducado.

Tamén se impón a necesidade de contar con emisoras ATEX que permitan o seu uso en atmosferas explosivas para garantir a seguridade dos intervenientes. Neste punto cabe destacar que a empresa alegou que os bombeiros teñen prohibido actuar en atmosferas con presenza de gases, o cal ademais de non ser certo, non deixa de ser ridículo, pois se non interveñen os bombeiros quen o fai?

Tamén hai requirimento para reparar o vehículo Nodriz-contra incendios de Porriño que ten unha fisura na cisterna de auga e que a empresa ordenara levar mediado de auga no canto de reparar.

A inspección de traballo advirte a Matinsa que se segue incumprindo a lei e non soluciona as incidencias apreciadas polos técnicos enfrontarase a sancións de entre 2000 e 41000 euros.

Os parques afectados por estas deficiencias son os 4 xestionados por Matinsa, Morrazo, Vilagarcía, Salnés e Baixo Miño.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar