Isca! convida a partillar estas II Xornadas de formación, debate e reflexión para continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal. Terán lugar o vindeiro sábado 11 de marzo no local da Asociación de Veciños Casco Vello (rúa Cánovas del Castillo nº21, Vigo) a partir das 12:30 horas da mañá co seguinte programa:
12:30 – A muller no mundo das artes escénicas
Vicky Estévez; activista da Plataforma Feminista de Pontevedra e actriz
16:30 – A loita contra os feminicidios dende as institucións: límites e posibilidades
Noa Presas, deputada no parlamento galego polo BNG
18:00 – Muller e Revolución Bolivariana
Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo
19:30 – Visita guiada á exposición “Mulleres do Silencio” no MARCO
Previa inscrición no enderezo Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo.