Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 08 Dezembro 2018 23:42

Campanha exige que a Risga seja “um verdadeiro direito”

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: ODS Coia

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva, pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito". Será oluns 10 de decembro ás 11:30 en:

Santiago de Compostela: diante dos edificios administrativos da Xunta de San Caetano (enfronte da Estación de Autobuses).
A Coruña: diante da Xefatura Territorial de Política Social da Xunta de Galicia (rúa Salvador de Madariaga 9).
Vigo: diante do edificio da Xunta de Galicia (rúa Concepción Areal 8).
Despois da presentación comezaremos o reparto dos folletos informativos na rúa, como primeiro dos actos que se prolongaran nos vindeiros meses.
Esta campaña, pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, neste contexto de empobrecemento, nun verdareiro dereito para o conxunto da cidadanía. As reivindicacións pasan por superar o modelo vixente e esixir:
1 - RISGA como dereito cidadá, nunha sociedade empobrecida como a nosa.
2 - RISGA como dereito individual e respectuosa co proxecto de vida das persoas, habitualmente sometidas a controis innecesarios.
3 - RISGA suficiente e digna, que tome como referencia o Salario Mínimo Interprofesional para superar as contías indignas da actualudade (403,38 euros/mes).
4 - RISGA accesible e eficaz, que mediante tramitacións eficientes garanta un prazo máximo dun mes para o acceso a mesma.
Organizacións asinantes do acordo colectivo de esixencia de garantías básicas no relativo ao proxecto de desenvolvemento da LEI 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das Axudas de Inclusión: Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo, Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida, Asociación Plataforma Polo Emprego, Baladre (Coordinación contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social), Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida, BNG, Compostela Aberta, En Marea, PsdG-PSOE e CUT.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar