Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 06 Março 2017 11:36 Última modificação em Quinta, 09 Março 2017 13:27

Plataforma galega contra a mineraçom selvagem coordena-se com a rede global 'Sim à Vida, Nom à Mineraçom' Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: ContraMINAcción

Ao longo de toda a xornada de sábado desenvolveuse, en Compostela, a III Xornada sobre os Impactos da Minaría, organizadas pola rede de colectivos contraMINAcción. Nesta ocasión, ademais de representantes de organizacións galegas, contamos coa presenza de activistas dos cinco continentes. «A intención deste encontro», explicou a representante de contraMINAcción, Guadalupe Rodríguez, nunha rolda de prensa, «foi dar continuidade á loita que mantemos dende hai varios anos contra a minaría destrutiva. Ademais, nesta ocasión, tamén creamos un espazo de confluencia con outra rede que desenvolve a mesma loita pero organizada a nivel global que é “Si á vida, non á minaría (Yes to Life, No to Mining-YLNM). Afortunadamente, tivemos a oportunidade de poder contar coa participación de activistas que están a desenvolver loitas semellantes en diversos lugares do mundo como Australia, Nixeria, Finlandia, Filipinas, Suráfrica, Reino Unido, Colombia e, por suposto, Galiza».

As diversas procedencias achegaron diferentes, pero tamén comúns, problemáticas relacionadas coa actividade mineira: dende a destrución dos fondos mariños á contaminación dos sistemas fluviais, do acaparamento de terras ao espolio dos recursos piscícolas, da criminalización dos movementos de oposición a estas prácticas á violación dos dereitos humanos e atentados contra a integridade e a vida das persoas que defenden as comunidades e pobos afectados. Precisamente, a data deste encontro coincide co primeiro aniversario do asasinato da activista hondureña Berta Cáceres, o 3 de marzo de 2016, por defender os dereitos do pobo lenca fronte aos intereses das compañías hidroeléctricas. De feito, tralo xantar fíxose un recital poético de homenaxe a Berta Cáceres no que participaron o poeta Manuel Pipas e Isabel Vilalba Seivane.

Na rolda de prensa tamén falou a activista colombiana, Mariana Gómez, de Gaia Amazonas. Fíxoo en nome de YLNM, explicando as orixes da rede global, que se creou «cando diversos movementos de resistencia á minaría ao redor do mundo, como contraMINAcción na Galiza, detectamos a necesidade de articular a loita a nivel global para poder seguir apoiando as comunidades que están a defender o seu territorio dos proxectos extractivos das empresas mineiras. Tras uns tres anos de funcionamento, en base ao traballo voluntario en todo o mundo, hoxe contamos cunha plataforma en Internet que difunde materiais de apoio ás comunidades afectadas e posibilita que se poñan en contacto entre elas para que poidan compartir as súas estratexias, amais de dar visibilidade aos seus casos en diversos lugares do mundo. Para iso, temos producido documentais, creado diversos materiais impresos para as comunidades poidan afortalar os seus argumentos contra a minaría e para poder manter o seu medio de vida. Tras estes tres primeiros anos de funcionamento, estamos na Galiza para llevar a cabo o primeiro encontro de coordinadores e coordinadoras rexionais, con representantes dos cinco continentes que vimos de diferentes loitas nas que todas teñen en común a causa. Durante os últimos dous días, reunímonos para planificar as nosas accións nun futuro próximo e darlle maior solidez ás bases deste movemento global. Estamos moi satisfeitos e satisfeitas de poder compartir con contraMINAcción e con Galiza a súa loita e poder, desta maneira, fortalecela e, de paso, fortalecer tamén esta voz contra a minaría destrutiva en todo o planeta».

Trala testemuñas, o encontro rematou, na súa fase final, con intervencións e debate ao redor das alternativas para manter viva a loita, levando a cabo mais intercambios entre comunidades e movementos e como unha maneira de «abrir portas á esperanza e tentar atopar camiños alternativos».

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar