En resposta aos despedimentos producidos na delegación compostelana de Médicos Sin Fronteras, a Confederación Nacional do Traballo inicia unha campaña de denuncia pública contra a mentada ONG esixindo a inmediata readmisión das persoas represaliadas por defender os seus postos de traballo.
A CNT concentrouse unha vez máis diante da delegación que Médicos Sin Fronteras ten na compostelana rúa do Vilar. Megáfono en man, levouse a cabo o pertinente reparto de centos de trípticos informativos facendo chamamento á poboación para que amose a MSF o seu descontento con esta situación de abuso patronal.
Máis de medio millón de visualizacións
O inicio da campaña foi seguido de forma masiva a través das redes sociais, onde se conseguiu visibilizar o conflito mediante o hashtag #MSFexplotadespide.
TEXTO DA CAMPAÑA:
Médicos Sen Fronteiras somos unha organización médico-humanitaria internacional que asiste a poboacións en situación precaria e a víctimas de catástrofes sen ningunha discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política... a non ser que traballas para nós. Nese caso, discriminámoste por nacionalidade, sexo, ideoloxía ou afiliación sindical.
Explotando desde hai máis dunha década.
Fai máis de dez anos que comezamos as campañas de sensibilización nas rúas contratando a persoas, na súa maioría xovenes, que descoñecían os seus dereitos laborais. Actualmente e tras a crise económica, o perfil do plantel incorporou tamén a persoas de idade máis avanzada e con desempregos de longa duración. A situación de vulnerabilidade supuso unha oportunidade perfecta para que puidésemos explotar e recortar dereitos aos que xa tiñan poucos. Milleiros de persoas pasaron polos nosos postos de traballo na última década. Foron despedidas dun día para outro, sen o preaviso obrigado pola lei e sen as indemnizacións correspondentes. En moitos casos inventámonos falsas causas disciplinarias para poder desfacernos destas traballadoras e traballadores. Se non nos demandan, non recoñecemos os seus dereitos.
Contratos en fraude de lei.
O mesmo que calquera gran empresa, contratamos en fraude de lei mediante contratos temporais para aforrar indemnizacións por despedimento e dereitos laborais. Co mesmo obxectivo e precarizando aínda máis os postos de traballo, tamén subcontratamos a través de empresas externas en moitas provincias coma se fóramos unha cadena de hoteis.
Acción humanitaria independente, salario dependente.
O 90% dos fondos de MSF son privados e a maioría se conseguen a través de persoal de captación que todos os días traballan nas nosas rúas a pesar das lamentables condicións de traballo. Faga frío, chova ou neve, as nosas rapazas e rapaces están aí, coa bolsa de plástico que lles proporcionamos para que non enfermen, co obxectivo de que ti te asocies e non teñamos que despedir por falta de rendemento.
Acoso sindical.
As persoas que se organizan, que día a día denuncian a precariedade laboral e plantan cara aos abusos patronales son constantemente ninguneadas, despreciadas e corvíntense en obxectivos a despedir.
¿Sen Fronteiras?
Fomos condenados dúas veces por discriminación por motivos de nacionalidade a unha traballadora e a un traballador de nacionalidade estranxeira. Estas persoas foron as únicas ás que non quixemos facer contrato indefinido porque «non queríamos que utilizasen o contrato con MSF para obter a residencia en España».
Explotación directa dos máis vulnerables.
Somos hoxe unha das marcas máis presentas nas rúas de todo o estado. Traballamos en cidades destacadas de máis de 23 provincias en base á rentabilidade que nos ofrece explotar a crise económica do país. Realizamos exhaustivos procesos de selección de persoal para evitar sindicalistas, pero as veces escápasenos alguén como a persoa que che entregou este papel.
Precarios por un fin lexítimo. O todo vale.
En Médicos Sen Fronteiras somos abanderados dos principios e valores. Rexeitamos os cartos dos gobernos para manternos independientes, porque grazas á explotación nos podemos financiar. Facemos contratos indefinidos porque nos bonifica a Seguridade Social, pero duran menos que un contrato temporal porque despedimos xeralmente antes de que remate o periodo de proba. A aquelas persoas que o superan, as despedimos baixo pretextos que nos inventamos para non ter que sufragar o coste dunha indemnización e antes de que teñan antigüidade. Moitas veces, nin sequera temos que inventar pretextos porque o rendemento que esiximos é prácticamente imposible de acadar e desfacemos planteles enteiros ao noso antollo aínda que sexan rentables económicamente. Se algunha persoa se queixa, aislámola para que non contamine ao resto e seguir mantendo o noso estatus de organización seria e responsable. Dende hai anos, o salario do noso persoal de captación está conxelado, xa que fixemos varias trampas á hora de formular as nóminas para non lles ter que subir o soldo. Así o noso ratio de inversión en administración e misión social é máis favorable para a imaxe pública ainda que estemos delinquindo e defraudando á Axencia Tributaria.
MSF en España
En poucos meses, teremos tratado a tantos pacentes con tuberculosis multirresistente en tratamento de segunda liña (2000 persoas en 2015) como persoas despedimos nas seguintes provincias:
A Coruña, Alacant, Araba, Asturias, Barcelona, Biskaia, Cádiz, Córdoba, Gipuzkoa, Girona, Granada, Gran Canaria, Madrid, Málaga, Mallorca, Murcia, Navarra, Pontevedra, Sevilla, Tenerife, València, Valladolid.
A axuda chega «ao seu destino».
Non tivemos o menor reparo en gastar todos os cartos precisos para pagar viaxes ao noso persoal de recursos humanos e finxir interés nas negociacións cos planeis. Namentres, dilatamos os procesos xudiciais e non presentamos as probas requeridas para aprazar todos os xuízos habidos e por haber.
Profesionais e compromiso
Aínda nas deplorables condicións de traballo e a precariedade e presión á que sometemos diariamente a centos de traballadoras e traballadores, o persoal de captación de fondos segue afrontando cada día co mellor dos sorrisos. Así cada euro se máis rentable.
Chama de balde a MSF e esixe a readmisión das traballadoras e traballadores represaliadas/os por defender os seus postos de traballo: 900 494 269