Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 05 Abril 2017 07:28

STEG afirma que acordo espanhol entre 'sindicatos' do regime e PP no referente a emprego público é oportunidade perdida

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: STEG

O Acordo de Mellora do Emprego Público entre o Ministerio de Facenda e Administración Pública e as organizacións sindicais CCOO, CSI-F e UXT no marco da Mesa Xeral das Administracións Públicas, asinado o pasado  29 de marzo de 2017, contempla, basicamente o seguinte:

Establece, polo ano 2017, unha taxa de reposición a nivel do estado do 100% nos sectores considerados como prioritarios: Sanidade, Educación, Administración de Xustiza, Servizos Sociais, etc. mentres que, para o resto de sectores, a taxa de reposición fíxase no 50%.

Por outra banda, sen que compute a efectos de taxa de reposición, autorízase ás Administracións Públicas, en materia de servizos prioritarios, a convocaren ofertas de emprego, no próximos tres anos, con aquelas prazas que estean, polo menos tres anos, cubertas por persoal temporal e por un máximo do 90% destas prazas. Os procesos selectivos destas ofertas realizaranse polo procedemento ordinario previsto regulamentariamente.

Por último, NON computará a efectos de taxa de reposición a convocatoria de prazas nos termos previstos na DT4 do TREBEB; é dicir, prazas que, con data anterior ao 1 de xaneiro de 2005, fosen ocupadas ininterrompidamente de forma interina ou temporal. A diferenza do apartado anterior, a DT4 do TREBEB permite que as probas garden relación cos procedementos, tarefas e funcións habituais e que se valore, como mérito, os servizos prestados e a experiencia no posto de traballo obxecto da convocatoria.

Analizando o contido do Acordo, cualitativamente, introdúcese un elemento que distorsiona o que podería ser unha verdadeira política de redución da temporalidade, que é, a exclusión daqueles sectores non considerados prioritarios. Para o STEG, a temporalidade, como problema de precariedade laboral, é o mesmo, calquera que sexa o sector da administración pública e, ademais, desde un punto de vista de xestión, tan primordial é o persoal que presta o servizo directamente, como o que o xestiona administrativamente.

Se entramos a analizar que di o Acordo sobre as fórmulas de acceso previstas para estas ofertas de emprego, vemos que hai dúas alternativas: unha, con carácter xeral, suxeita ao concurso-oposición ordinario e, a segunda, mediante a aplicación da DT4 do TREBEB. Considerando que a DT4 do TREBEB limita estas ofertas ás prazas vacantes con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, parece que, facendo unha interpretación rigorosa, non serán moitas as prazas que se poidan incluír nesta modalidade de fórmula de acceso. Por tanto, podemos concluír que o Acordo poderá ser útil para reducir a temporalidade, pero, non tanto, para consolidar o persoal interino.

Agora ben, as grandes ausentes do Acordo son outras materias que, nin están nin se lles agarda. As retribucións para 2017, a recuperación do poder adquisitivo perdido, a xubilación parcial ou retribucións en situación de incapacidade temporal, por poñer algúns exemplos, non tiveron cabida nun acordo que pretende reflectir os PGE, como así se está vendendo, as melloras laborais deste persoal

Dende o STEG, diante dun suposto escenario de recuperación económica e dunha certa debilidade do Goberno do Estado en canto ás maiorías parlamentarias se refire e, nun momento en que a xurisprudencia dos tribunais estatais e europeos cuestiona o abuso da temporalidade nas Administracións Públicas, cren que se deixou pasar unha oportunidade única para conseguir melloras laborais, que palien os efectos dos recortes da crise.

Era o momento de suprimir os límites á taxa de reposición e flexibilizar as prazas susceptíbeis de seren incluídas na DT4 do TREBEB, de xeito que fosen as administracións territoriais as que negociasen, nos seus respectivos ámbitos, a estratexia de redución da temporalidade, sen excluír ningún sector e buscando o equilibrio entre o novo acceso e a consolidación do emprego. Así mesmo, procedía introducir algunhas melloras; empezando pola derrogación do RDL 20/2012 e seguindo pola recuperación do poder adquisitivo, nun acordo que, á fin e ao cabo, constitúe un balón de osíxeno para o goberno, na tramitación parlamentaria dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017.

Como conclusión e atendendo ás razóns expostas, O STEG fai unha valoración negativa do Acordo para a Mellora do Emprego Público, por considerar que non aborda globalmente o problema da temporalidade, excluíndo a sectores públicos importantes, como o da administración xeral e outros, do seu ámbito de aplicación; así como, tampouco, ofrece unha solución real á consolidación do persoal interino. Ademais, ignórase calquera medida que contribúa á recuperación das condicións laborais perdidas como consecuencia da política de recortes en materia de servizos públicos levada a efecto nos últimos anos.

Para o STEG, os sindicatos asinantes renunciaron nesta ocasión ao seu papel reivindicativo en defensa dos intereses das empregadas e empregados públicos, cun acordo falto de aspiracións que, en cambio, SI contribúe a restituír a maltreita imaxe pública do Ministro Montoro e para facilitar o camiño da tramitación parlamentaria dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar