Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 08 Abril 2017 10:20 Última modificação em Sábado, 08 Abril 2017 10:28

STEG denuncia criminalizaçom de La Voz de Galicia contra funcionariado público em precário

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Comunicaçom, Laboral/Economia / Fonte: STEG

Nas informacións do ensino dalgúns medios de comunicación, coma nas películas do western, ao final do tiroteo sempre as paga o pianista (véxase para o caso o persoal interino e substituto), e por riba sempre cae alguén dende a varanda do piso de arriba estragando o piano.

Hoxe La Voz de Galicia (en consonancia perfecta coa Consellería; calquera día enterámonos das cousas antes pola Consellería que pola Voz de Galicia! Onde imos parar!) nun artigo titulado “La Xunta quiere reforzar el control en los criterios de renuncia de interinos” informa no seu ton desenfadado das grandes ocasións de que seica chegou a hora de lle por fin ás malas artes do persoal interino e substituto. Xa o cantaban nos oitenta Los Pistones: “el pistolero ha llegado ya a la ciudad... El pueblo entero ha volado, nadie quiere salir, en el saloon el barman dejó ya de servir...Es el más sucio y rápido en disparar... Si, si, acabaré con él”

Se o ano pasado La Voz informaba das Oposicións do Século coma se agromase do Far West da Terra Cha o gran xacemento de petróleo daqueles intrépidos pioneiros, procedendo a sementar de paso todo tipo de sospeitas e alertando dos “trampeiros” que se presentaban ás oposicións, coma quen vai ao ouro ás minas de Wisconsin, desta volta a información máis aló de informar sobre as medidas dunha Consellería, enfoca a cuestión dende un ton que denota certa criminalización do persoal interino e substituto, que coa súa suposta mala fe parece por en risco “el sistema más transparente que existe”, afirmación que recolle o artigo na súa primeira liña

Co concepto de transparencia da Consellería pásanos en ocasións coma ao Home Invisíbel ao se mirar no espello: non se ve por ningures. Por iso celebramos estes actos de fe en nome da virtude que plasma na súa información La Voz, talvez inspirada pola recente Orde de concertos dos centros privados e concertados aprobada pola Xunta de Feijoó.

Dende o STEG lamentan que este tratamento das informacións vaia sempre nunha liña parecida: ponse en cuestión a integridade das traballadoras e traballadores do ensino público que coa súa suposta irresponsabilidade atentan contra a perfecta engranaxe da Consellería.

Achan en falta, igualmente, que non haxa dende certos medios e con máis frecuencia (sería un erro xeneralizar, pois cónstanos que hai tamén moitísimas profesionais nos medios desenvolvendo o seu traballo en condicións moitas veces difíciles) un enfoque distinto ao do poder político, que financia con xenerosidade certas empresas da comunicación, que casualmente ten moito coidado de non cuestionar nunca o estado de cousas. 

Se o fin era informar, no senso máis nobre do termo, isto é, abordando o asunto dende diversas ópticas e sometendo a escrutinio as informacións que se reciben, abrindo a canle de información á máis fontes cá unha, a reportaxe non cumpre o seu cometido. Ben ao contrario, parece que o de menos en toda esta historia sexa a precarización das condicións de traballo do profesorado (tamén as do persoal interino e substituto), a súa inestabilidade, os sucesivos recortes de postos docentes no ensino público, a subvención de centros de corte relixioso que segregan por sexo, a privatización inxente de sectores da escola pública... Diso nada saberá quen lea La Voz de Galicia de día 5 de abril; só saberá que hai que porlle freo aos excesos do perigoso persoal substituto e interino.

O xornalismo serio debe contribuír a loitar contra a construción do inevitábel, enfocando con algo máis de rigor e imparcialidade as cuestións, se non acontece o mesmo que coas cámaras do Luar: que xa funcionan soas. A cidadanía merece medios rigorosos que contribúan a garantir o seu dereito á información, no camiño de promover persoas autónomas e críticas.Non vaia ser que ao final pareza algún medio tamén coma o pianista: botou o corpo a terra pero o piano seguía tocando só.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar