Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 08 Abril 2017 10:28 Última modificação em Segunda, 10 Abril 2017 22:49

Nasce Compostela Nom Se Vende para enfrentar privatizaçons especulativas na capital galega

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Institucional, Consumo e meio natural / Fonte: Compostela Non Se Vende

Informan do nacemento da plataforma aberta e unitaria Compostela Non Se Vende, fundada para defender os dereitos colectivos fronte aos intereses das empresas que buscan especular co patrimonio da nosa Universidade, dos nosos barrios e da nosa cidade.

"O que nos puxo en común a diferentes colectivos de estudantes, veciñas do barrio de Galeras, tecido asociativo de Compostela e activistas antidesafiuzamentos foi a necesidade de unir sinerxías, ideas e esforzos para paralizar a venda do Hospital Vello. Queremos un uso social e público do espazo, queremos que as institucións implicadas, desde a USC ao Concello, pasando pola Xunta, asuman os seus erros e, ante a acción da sociedade civil compostelá, rectifiquen este delirante exercicio especulativo".

Tamén queren "ofrecer un espazo á sociedade civil onde, desde a base, pensar, construír e defender o modelo de cidade que lle interesa á cidadanía compostelá. Porque o ataque especulativo contra o Hospital Vello non é só un problema da USC ou do barrio de Galeras, é un problema de cidade e precisamos ferramentas para artellar respostas contra a xentrificación e contra os intereses privados que buscan saquear o patrimonio da Universidade e dos barrios de Santiago, ameazando a persistencia dunha Compostela pensada para a veciñanza".

Manifesto fundacional de Compostela Non Se Vende

O 20 de xaneiro, confirmábase unha venda moitas veces premonizada, ansiada e codiciada por parte do empresariado dos sectores hostaleiros e residenciais. O Hospital de Galeras foi adquirido por Asteriscos Real Estate SL, apéndice especulativo de Invernob Coruña SL (financiada anteriormente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para poder facer fronte ao proxecto privado), coa aprobación e co beneplácito da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e do Concello. Dous meses despois, no pleno do consistorio do vindeiro 20 de abril, rematará de orientarse este exercicio especulativo que pretende roubarnos á veciñanza de Compostela un anaco histórico da cidade, exercicio que altera a vida das xentes de Galeras, transformando o barrio, masificándoo e ocasionado un tráfico moito maior. Ademais, continúase a desmantelar o patrimonio da USC para pagar a escura débeda dunha Universidade cada vez máis mercantilizada, menos transparente e menos participativa, e cada vez máis lonxe dos intereses do estudantado das clases populares.

O Hospital de Galeras abre as súas portas na metade do século pasado como servizo público sanitario para todas as veciñas de Compostela ata 1999, cando se abandona, polo que, en 2003, anúnciase o peche definitivo. Fai oito anos, a USC comunica ao Concello a súa preocupación polas condicións nas que se atopa o edificio; tres anos despois, o Goberno municipal do PP (Partido Popular) cede os terreos á Universidade coa condición de que estes non teñan un uso comercial e de que a metade do espazo sexa reservado para usos comunitarios. En 2015, no medio dun conflito entre a USC e o Concello, permítese o uso do Hospital Vello con fins comerciais. Neste momento, acelérase o proceso de privatización do edificio, de transformación do que é de todas e de uso público nalgo orientado aos intereses privados duns poucos.

Atopámonos no medio dunha batalla contra o público, nunha batalla polo modelo de cidade de Compostela, diante da posibilidade de que Santiago e Galeras se convertan nun parque temático para o turismo, perdendo a identidade real de barrio. Non hai moito, a Xunta financiou con mais dun millón e medio de euros a reforma do asilo de Carretas, orientado ao servizo ás peregrinas, rexentado pola Igrexa católica e cun uso privado á veciñanza. Mentres, deixa morrer por inanición espazos históricos da nosa cidade e do noso barrio.

A plataforma aberta e unitaria Compostela Non Se Vende nace para defender os dereitos colectivos fronte aos intereses das empresas que buscan especular co patrimonio da nosa Universidade, dos nosos barrios e da nosa cidade. Nacemos con dúas ideas moi claras neste longo camiño contra a xentrificación e na defensa dunha Compostela que respecte os barrios e a cidadanía.

O primeiro, o que nos puxo en común a diferentes colectivos de estudantes, veciñas do barrio de Galeras, tecido asociativo de Compostela e activistas antidesafiuzamentos, é a necesidade de unir sinerxías, ideas e esforzos para paralizar a venda do Hospital Vello. Queremos un uso social e público do espazo, queremos que as institucións implicadas, desde a USC ao Concello, pasando pola Xunta, asuman os seus erros e, ante a acción da sociedade civil compostelá, rectifiquen este delirante exercicio especulativo. Comprometémonos a empregar todos os cauces ao noso alcance para defender o público.

O segundo, ofrecer un espazo á sociedade civil onde, desde a base, pensar, construír e defender o modelo de cidade que lle interesa á cidadanía compostelá. Porque o ataque especulativo contra o Hospital Vello non é só un problema da USC ou do barrio de Galeras, é un problema de cidade e precisamos ferramentas para artellar respostas contra a xentrificación e contra os intereses privados que buscan saquear o patrimonio da Universidade e dos barrios de Santiago, ameazando a persistencia dunha Compostela pensada para a veciñanza.

Animámoste a participar da plataforma para, xuntas, plantarlle cara aos intereses especulativos e privados no noso patrimonio, para defendermos unha Compostela ao servizo de todas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar