O pasado 9 de marzo Adrián Pena delegado sindical denunciou publicamente e informou “O consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento” que material publico, en concreto traxes de intervención, estaban no centro de formación “Seganosa”, unha empresa privada, e se levan utilizando para cursos dende fai mais de tres anos, incluso os instrutores usaban estes traxes como persoal.
Pois ben, dende o consorcio por mediacion do xerente Roberto Jorge Correa chegou a contestación o devandito escrito, dicindo basicamente que os traxes fóronse lavar a empresa de formación (curiosamente en Seganosa non hai lavadoras, e lavan a roupa a lavar a nunha empresa externa), e que os traxes están todos de volta.
Esta afirmación é totalmente falsa, segundo Pena, xa que "traxes amarelos que tamén son propiedade do consorcio e non apareceron, e seguen en Seganosa (como se pode ver nas fotos, pegaron o logo de “seganosa” por riba de “bombeiros Salnes”). Tamén e importante o recoñecemento por parte da xerencia de que os traxes son un ben de propiedade do consorcio, polo tanto material publico, e o único que podería proceder a venta dos mesmos e nunca Matinsa".
"A empresa Matinsa despois das denuncias dos delegados sindicais a inspección de traballo e o desvío dos traxes a unha empresa privada empezou a sancionar a estes, parece que estas denuncias non lle fan graza, polo que non quero que esta presunta malversación de material publico quede en saco roto e se chegue ata o final", di Pena.
Pena "Recorda ao xerente Roberto Jorje Correa que o traballo de velar polo material do consorcio e del, dia de hoxe hai material nunha empresa privada ( testigos e material gráfico hai de abondo)". Adrián Pena está "recibindo presión sindical por parte de Matinsa por facer o seu traballo".