Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 28 Mai 2016 09:40 Última modificação em Quinta, 09 Junho 2016 23:31

O caos da Política Pesqueira Galega

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia, Institucional / Fonte: QPNC

Luís Rodríguez da Asoar Armega, compaxina o seu traballo no mar con continuas presencia no Parlamento Europeo e en accións internacionais en defensa da pesca artesanal.

Poucas veces voces tan autorizadas saen á voz pública sen problemas para dar a cara. Hoxe, o presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia Asoar Armega, José Luís Rodríguez, envía un duro artigo sobre a situación da pesca de baixura en Galicia, España e Europa.

Un home que cada día sae co seu barco ao mar dende Corcubión, que volve e pasa horas pegado ao teléfono, cando non marcha de viaxe a Bruselas para dar a cara polo sector no Parlamento Europeo. Un home que lle fala de igual xeito á Comisaria Europea de Pesca ou ao Ministro de turno que ao compañeiro mariñeiro da embarcación veciña. Un home que cada vez que volta dunha viaxe “política”, saca a radio UHF e lle conta a toda a comunidade mariñeira como foron as reunións, moitas veces claves para o futuro da pesca de baixura, e de centos de profesionais de todo o litoral galego.

Hoxe, as súas verbas, son duras. 

“O Caos da Política Pesqueira Galega”, por José Luís Rodríguez

[Luis Rodriguez da Asoar Armega] Hai xa varios anos que Asoar-armega ven denunciando á grave situación que está a sufrir a flota artesanal galega por mor dunha mala xestión e distribución nas cotas de pesca.

É lamentable que, despois das denuncias e os chamamentos interpostos dende esta Entidade, a administración pesqueira galega siga facendo oídos xordos, mirando cara outro lado ou votando balóns fora cando a flota galega sofre continuos peches por mor desta mala xestión e distribución.

Especialmente sangrante é o caso da xarda, e a súa distribución por provincias no caso das artes menores, unha asignación na que a flota galega percibe un 17,5 % (aproximadamente) mentres unha única provincia, como Viscaia percibe un 29,71%, Guipúzcoa un 12,34%, ou Cantabria un 25,75%, un agravio que si en porcentaxes é notorio, máis notorio se fai se temos en conta o número de embarcacións e o número de tripulantes afectados, sendo as provincias galegas as que superan, notablemente, a todas as demáis en conxunto, segue a ser, sen embargo, as que lle corresponde un reparto menor . Con estas cifras non é de extrañar que no que levamos de ano a pesquería da xarda se teña pechado en varias ocasións para as embarcacións galegas por mor desta discriminación, sendo posiblemente xa este o último peche decretado o pasado luns 24 de maio.

Así, e a partir de agora, mentres o resto de flotas de artes menores do Cantábrico pode seguir pescando xardas, a flota galega ten que devolvela ao mar, xa morta, cando ven mallada no aparello. Cabe suliñar, ademáis, que nestas datas flota vasca tense achegado a costa galega na procura da xarda, unha especie migratoria que nas últimas semanas abunda nestas augas. Así, e como tamén fan as embarcacións galegas que se trasladan ao inicio da campaña a zonas do Cantábrico na procura da especie por abundar nesas augas, as embarcacións do Cantábrico estanse trasladando a augas galegas estas últimas semanas na procura da especie, con unha palpable diferencia: que solo as embarcacións do cantábrico son as que manteñen a cota sen esgotar e as que poden seguir pescando xarda, mentres as embarcacións galegas, teñen que tirala ao mar. Así ós galegos quédanos cara de pampos cando as embarcacións doutras comunidades pasan polo noso costado coa xarda a bordo, mentres nós xa tivemos que tirala ao mar por térennos pechado a pesquería.

Dende esta Entidade non temos nada contra os compañeiros doutras comunidades, e nada máis lonxe da nosa intención a de culpabilizalos ou sinalalos como responsables deste caos.

Existen outros culpables, que non son outros que aqueles que tendo que velar e defender os intereses dos pescadores galegos, fan caso omiso dos requerimentos e peticións desta flota. Así sentímonos totalmente desprotexidos, sós, e desamparados á hora de loitar por unha distribución e xestión de cotas xusta e razoable, preguntándonos onde están os dirixentes da nosa comunidade cando hai que defender e loitar polos nosos intereses.

Resulta indudable que o goberno, ademáis, non atende ás recomendacións da nova PPC que dictamina que os repartos das cotas nos estados membros deben atender, entre outros criterios, á dependencia socioeconómica das zonas costeiras da flota pesqueira, un criterio que no caso das pesquerías artesanais galegas está máis que xustificado.

Así pois encontrámonos, novamente, ante unha situación caótica e desconcertante para a flota artesanal galega, que ve como os seus compañeiros doutras comunidades poden desempeñar o seu traballo sen problema de que se lle esgote a cota, mentres o galegos esperamos por un reparto xusto, un ano sí e outro tamén.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar