Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 28 Mai 2016 10:01 Última modificação em Terça, 31 Mai 2016 21:30

Governo espanhol em funçons decide que Reganosa pode saltar a avaliaçom de impacto ambiental

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Institucional, Consumo e meio natural / Fonte: Praza Pública
O Consello de Ministros celebrado este venres polo Goberno en funcións acordou "excluír, de maneira excepcional, do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos de autorización" da planta de regasificación de Reganosa. Esta decisión responde ás dúas sentenzas (do 4 e do 28 de abril) nas que o Tribunal Supremo anulou a autorización administrativa e o proxecto de execución desta planta de gas, obrigando a empresa a solicitalas de novo. As sentenzas do Supremo fixaban un prazo máximo de dous meses (que estaba a piques de cumprirse) para que o Ministerio de Industria outorgase novos permisos ou, doutro xeito, obrigaba á paralización da actividade da instalación. Obrigaba, polo tanto, a que o Goberno en función adoptase unha decisión política para manter aberta a planta, e esta decisión política vén de producirse.

O Executivo presidido por Mariano Rajoy afirma que "coa adopción desta medida, axilízase o procedemento necesario para cumprir coas dúas sentenzas do Tribunal Supremo, co que se evita unha paralización prolongada da actividade da planta que poría en risco a subministración de gas natural en España e Portugal, así como a seguridade de persoas, bens e do propio sistema gasista". E excusa a anomalía de ignorar a obrigatoria avaliación de impacto ambiental sinalando que "en todo caso, realizouse unha avaliación alternativa concluíndose que a planta é viable ambientalmente, e que non ten ningunha incidencia significativa susceptible de producir repercusións apreciables no medio ambiente ou os recursos naturais". Engade que "ademais, a resolución que poña fin ao procedemento poderá establecer como condición de operación da planta as medidas adicionais de prevención, corrección e vixilancia que os organismos consultados durante o procedemento estimasen necesarias, se as houber".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar