Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 09 Abril 2017 16:35 Última modificação em Terça, 11 Abril 2017 16:55

Umha manifestaçom percorrerá as ruas de Chapela em apoio da luita do pessoal de Pescanova

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A asemblea de traballadores/as aposta por convocar protestas se non hai acordo antes de fin de mes.

Distintos colectivos socias de Chapela están a promover a convocatoria dunha manifestación en solidariedade coa loita que mantén o cadro de persoal de Pescanova para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. A asemblea de traballadores/as celebrada hoxe en Redondela ratificou a convocatoria de novas mobilizacións no caso de que non haxa acordo entre as partes antes de fin de mes.

O anuncio da manifestación foi feito polas centrais CIG, CUT, UGT e USO durante a asemblea celebrada esta mañá no multiusos de Redondela, encontro que a maioría sindical aproveitou para explicar o contido das catro xornadas de negociacións celebradas a semana pasada por iniciativa da mediación laboral. Os sindicatos explicaron que son os propios colectivos sociais de Chapela os que, “conscientes de que se trata da empresa máis importante do concello”, decidiron promover a marcha de apoio ás reivindicacións dos traballadores/as.

Está previsto que o vindeiro mércores se celebre a xuntanza na que se decidirá tanto a data de celebración como o percorrido, aínda que en principio manéxase como posibilidade que teña lugar o 20 de abril. Previamente, o próximo martes, a representación maioritaria dos empregados/as -CCOO negocia nunha mesa aparte tras o veto do resto de centrais pola súa “actitude desleal”- terá que achegar a súa última proposta de convenio, ao igual que a empresa.

“A partir de aí a mediación deberá convocar novas xuntanzas, que probablemente se celebrarán despois da Semana Santa”, indicaron. Con todo, reiteraron a súa intención de que as conversas “non se eternicen”, polo que están dispostos/as a convocar novas mobilizacións no caso de que non se chegue a un acordo para renovar os convenios antes de final de mes.

Finalmente, amosaron a súa satisfacción polo feito de que tanto a unidade da maioría sindical como o ánimo dos traballadores/as continúen “intactos” e avanzaron que está preparados/as para afrontar “un conflito laboral que vai ser moi longo”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar