Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 12 Abril 2017 14:41 Última modificação em Sexta, 14 Abril 2017 11:48

Greve na limpeza de Lugo desde 18 de abril, ao nom assumir o patronato estatal a proposta do mediador

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A reivindicación agora vai ser a equiparación co convenio de Ourense en dous anos.

Finalmente, a partir do 18 de abril as traballadoras e traballadores do sector da limpeza da provincia de Lugo comezarán unha greve indefinida, logo de que ASPEL, a asociación que representa a gran patronal estatal do sector, rexeitara a proposta presentada "in extremis" polo mediador. A negativa de ASPEL contrasta coa disposición da parte social e mesmo da asociación provincial do sector a asumir a oferta da mediación.

A desavinza produciuse na xuntanza celebrada na tarde do luns, na que ambas partes tiñan que dar resposta á proposición do mediador. "Na asemblea do venres, o 78% das traballadoras e traballadores votaron a favor de aceptar a proposta, que tamén asumía a asociación provincial de empresas, e así o fixo constar en acta. Pero como ASPEL non asumiu a proposta e ten maior representación que a patronal provincial, non foi posíbel asinar acta de acordo", explicaba este martes en rolda de prensa Carme Antas, da CIG-Servizos de Lugo.

A postura de ASPEL continúa a ser de prepotencia, xa que a pesar de que a mediación rematou o día 3 de abril, a patronal española manifestou intención de achegar unha nova proposta. É máis, ASPEL nin sequera se presentou na xuntanza, enviando a avogada da CEL para que representara a asociación.

Equiparación co convenio de Ourense

Así as cousas, representación sindical compareceu ante os medios esta mañá para avaliar o resultado da reunión e anunciar o inicio de greve indefinida no sector dende o martes 18 de abril. A decisión de activar o paro xeral se non había acordo, lembrou Antas, foi adoptada na asemblea de traballadoras/es do pasado venres.

Para organizar o desenvolvemento do paro, o luns pola mañá está prevista unha nova asemblea. Neste senso, Carme Antas apuntou que os primeiros días a greve desenvolverase en todo o sector, mais irase valorando cara onde enfocar o peso forte do paro conforme pasen as xornadas.

Porén, matizou, nesa xuntanza tamén se tomou por unanimidade a decisión de retirar calquera plataforma previa para a negociación do convenio. "A partir de agora a reivindicación é a equiparación co convenio da limpeza de Ourense en dous anos. Se imos á greve non é para discutir por 30 euros máis ao ano", aseverou.

"Agardamos que a patronal non intente vulnerar o dereito á greve"

Dende a representación sindical agardan que por parte da empresas non se intente vulnerar o dereito á greve das traballadoras e traballadores "porque non imos consentir que iso pase". Este comentario viña ao fío dun documento remitido por unha das empresas asociadas á ASPEL para negociar uns servizos mínimos.

A representación sindical espera que as administracións públicas non amparen este tipo de condutas, nin caian en erros anteriores, pondo o exemplo dos servizos mínimos decretados polo Concello de Lugo na greve de recollida de lixo, "que despois a xustiza decretou que vulneraban os dereitos fundamentais do persoal".

Neste senso, Antas matizou que en lugares de traballo sensíbeis como ambulatorios ou os hospitais privados si haberá que negociar uns servizos mínimos, pero o estabelecemento duns mínimos non é extensíbel a todos o sector. De feito, indicou que os hospitais da rede pública da provincia e a maioría dos centros de saúde non se verán afectados pola greve xa que teñen convenio propio.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar