Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 14 Abril 2017 11:46

Nanutecnia esforça-se em impedir a formaçom dos e das bombeiras, denunciam estas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MIBG

Defínese obsesión, como o estado da persoa que ten na mente unha idea, unha palabra ou unha imaxe fixa ou permanente e se atopa dominado por ela.

No comezo da xestión dos parques comarcais de bombeiros pola empresa Natutecnia, durante unha xuntanza entre os traballadores e a xerencia, estes pedían facilidades para realizar cambios de quenda entre eles e así poder asistir a cursos de formación na Academia Galega de Seguridade ou a Escola Nacional de Protección Civil entre outros.

Daquela non existía nin a cualificación profesional nin o ciclo medio de Técnico en Emerxencias e Protección Civil. Un ciclo especifico para a profesión de bombeiro e que a Xunta de Galicia presume de ser a primeira comunidade autónoma en instauralo na súa oferta educativa.

A resposta da xerencia non foi de colaboración e entendemento e limitouse a contestar: “estáis obsesionados con la formación”, denuncia a Mesa Intersindical dos Bombeiros de Galicia.

Pouco despois a empresa seduciu aos traballadores para que fixeran os cursos teóricos on-line destinados a conquerir a cualificación profesional, pero ao parecer os cartos non chegaban, e convidou aos traballadores a que aportaran parte deles para realizar dita formación con argumentos tan convincentes como que seria imprescindible o día de mañá para exercitar a profesión de bombeiro.

"A sabendas de que a formación continua debe ser asumida na súa totalidade pola empresa e pola que se tributa mes a mes na nómina, en algún caso os traballadores chegaron a aportar ata 100€, os cales foron descontados directamente da nómina sen expedir factura, xustificante ou similar", din na MIBG.

En outubro de 2015 a Xunta actualiza a oferta da formación profesional polo réxime común dos centros públicos da Comunidade Autónoma para o curso 2015-2016 ofertando o ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil no IES Antón Losada Dieguez na Estrada.

Varios traballadores da empresa Natutecnia, coa súa “obsesión” pola formación, matricúlanse neste ciclo medio do cal formarán parte da primeira promoción cando remate o actual ano lectivo.

Ditos traballadores, con anos traballados nos parques de bombeiros comarcais, solicitan a instancia do centro onde cursan o ciclo a convalidación das prácticas se a empresa expide un certificado onde conste os anos traballados. Algo que é lóxico e que á empresa non lle custa absolutamente ren.

Como sempre, e seguindo a súa actitude habitual en algo que beneficia tanto ao traballador como á empresa, pois ter traballadores ben formados garante un servizo de mais calidade e polo tanto un beneficio empresarial de prestixio e mellor xestión do servizo, a empresa négase a expedir o certificado para a convalidación da parte práctica.

Isto supón que os traballadores terán que facer as 400 horas prácticas noutro centro, supoñéndolles un custo extra que sairá dos seus petos e o seu tempo, cando non sería preciso tal e como lles indicaron os seus docentes de expedirse o certificado correspondente.

"Esta claro que esta política empresarial do pleistoceno, non acorde cos tempos actuais, é a que sempre tivo Natutecnia e da nunca sairá."

A situación é unha mais de tantas que se producen pola xestión privada dun servizo publico esencial. A boa formación dos seus efectivos é unha garantía para a empresa e o mais importante: a cidadanía.

Xa sabemos cal é a obsesión dos bombeiros de Natutecnia. Agora so falta saber cal é a obsesión da empresa que xestiona 6 parques comarcais en Galicia… facerlle a vida imposible aos seus traballadores?

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar