O libro inclúe unha prolixa antoloxía do pensamento de Fidel escolmado no cumprido arquivo das súas intervencións, entrevistas, conversas, reflexións e artigos. Un amplo reconto do pensamento de Fidel sobre todas as materias que el considerou imprescindíbeis para construir a liberación do seu pobo e de todos os pobos do mundo. A presentación será en Santiago mércores 19 de abril ás 20.00 na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 e a seguir en Vigo o día 25 martes, á mesma hora, na librería Andel, no 102 da Avenida Camelias.
A homenaxe a Fidel inclúe a edición e distribución do libro antes dun acto programado baixo o mesmo lema de Palabras Galegas para Fidel no Teatro Principal de Pontevedra para sábado 29 de abril ás 19.30. Este encontro aberto, será presentado por Mónica Camaño e nel intervirán Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo Pipas, Celso Parada e Luz Fandiño. No apartado musical actuarán Tino Baz, Mini e Mero e Uxía Senlle e para pechar o acto falarán Miguel Anxo F, Lores (alcalde de Pontevedra), José Antonio Solana (cónsul xeral de Cuba en Galiza), Willy Toledo (activista e actor) e Valentín Alvite (presidente da Asociación Francisco Villami