Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 22 Abril 2017 17:31

Cineclube de Compostela celebra hoje 16 anos de cinema crítico

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Cineclube Compostela

​O Cineclube de Compostela celebra a partir das 19:00 horas este sábado 22 de abril a súa Festa de 16 Aniversario. Esta nova edición da celebración anual do Cineclube vai contar coa proxección das curtametraxes O señor Jazz mozo (Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919), Those were the Days (Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992) e Mentres teñamos a embriaguez (Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958) e as actuacións de MounQup, Guateque Escampe e Lamprea Explosiva, ademais do picadiscos DJ Chapaev. Como vén sendo habitual, a festa será no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Os concertos terán unha entrada de entre 5 e 8€ (a decidir por cada persoa asistente), destinada integramente aos grupos.

A festa vai dar comezo ás 19:00, como xa é habitual, con proxeccións. Desta volta, tratase de tres curtametraxes que teñen como fío conductor a música, o baile, os bares e un certo ton agridoce. O señor Jazz mozo é unha comedia do slapstick silente na que Harold Lloyd e Bebe Daniels refúxianse nun tugurio da era do jazz. En Those Were the Days, videoclip de Aki Kaurismäki para os Leningrad Cowboys, son un inmigrante e o seu burro os que se recollen nun bar parisino. E en Mentres teñamos a embriaguez, ópera prima de Pollet asistimos aos intentos de Léon, interpretado por Claude Melki, para atopar con quen danzar nas salas de baile dos arrabaldes de París.

Tras as proxeccións, as actuacións musicais ao vivo terán lugar a partir das 21:00, comezando coa actuación de MounQup. MounQup é Camille Hedóuin, francesa afincada en Saumede (Ourense) que fai experimentos máxicos coa súa voz. Por riba de sons electrónicos, toma miles de formas e rexistros diferentes á vez pero transmite sempre unha paixón verdadeira, haxa ou non palabras, sexan estas na lingua que sexan. No seu directo, constrúe as estruturas musicais dende cero, con elementos que se va sumando en forma de loops.

A continuación será a quenda de Guateque Escampe, o baile de máscaras de Ataque Escampe. O grupo compostelán, formado por Álvaro Trillo, Lois G. Carlín, Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Roi Vidal interrompe por un intre a presentación do seu novo disco Primeiros bicos para presentarnos un peculiar Mr. Hyde musical: en lugar de tocar as súas cancións alegres e tristes que poden bailarse, interpretarán cancións alegres e tristes que poden bailarse pero feitas por outros. De onte e de hoxe.

E contaremos tamén con Lamprea Explosiva, “un dúo de punk podrido criado na noxenta cidade industrial de Citroën”. Os vigueses Alén (guitarra) e Adán (batería) fan puro punk primitivo, sucio e con moito sentido do humor, acelerados pildorazos de guitarras distorsionadas e incisivas baterías e ruidismo gamberro y descontrolado. Himnos moi breves sobre un abano moi amplo de cousas, dende o pemento ata a Revolución Rusa. Jumento, publicado no 2016, é o seu último disco.

Durante os concertos vai entregarse tamén o premio do certame OH MY GIF, para creacións en formato .gif orixinais e contextualizadas en Compostela. Para finalizar a noite, contaremos cun nome xa ben coñecido nas festas do cineclube, DJ Chapaev, que como xa é habitual porá o fin de festas cunha sesión de picadiscos.

Os filmes van ser proxectados na súa versión orixinal, con subtítulos en galego nos casos en que sexan necesarios. A entrada aos concertos será de entre cinco e oito euros, á vontade dos e das asistentes, destinados integramente aos grupos.

Sábado 22 de abril a partir das 19:00h no Pichel
Festa do 16º aniversario do Cineclube de Compostela

19.00 | Proxeccións
O señor Jazz mozo
(Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919, 10′, VOSG)
Those were the Days
(Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992, 4′, VO)
Mentres teñamos a embriaguez
(Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958, 20′, VO)

 

21.00 | Concertos | Entradas para as bandas: de 5 euros a 8 euros.
Mounqup
Guateque Escampe
Lamprea Explosiva
+ Entrega de premios de OH MY GIF

 

00.30 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar