Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita dous anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo.
Dende a Aemblea queren amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión.
Co fin de explicar a súa situación, e das compañeiras do colectivo La Insurgencia, Sául, falará sobre o seu caso. Entre todas partillarán ferramentas de defensa colectiva e protección común perante a crecente represión exercida dende os poderes.
A charla leva por título. "Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións". Será o sábado 22 de abril a partires das 19:30 no salón de actos da parroquia do "Cristo da Vitoria" en Coia (Vigo).