Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 23 Abril 2017 11:53 Última modificação em Terça, 25 Abril 2017 16:26

Campanha pola recuperaçom de direitos marca Primeiro de Maio para a CIG

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A CIG convoca 13 mobilizacións en distintas localidades do país para conmemorar o Día Internacional da Clase Obreira

A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras. A central conmemorará esta data coa convocatoria de 13 mobilizacións nas principais localidades do país baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.

Da CIG lembran que nos últimos oito anos os diferentes gobernos do PP e do PSOE atacaron por medio de reformas lexislativas os principais dereitos conquistados pola clase traballadora na súa historia constante de loita. “Amparados na crise tomaron por asalto as nosas pensións, os dereitos laborais, os salarios, reduciron a nosa protección e cobertura sanitaria, etc”, sinalan.

Isto fixo que hoxe a pobreza estea relacionada con traballo precario, cos contratos parciais, cos máis de dous millóns de persoas que esgotaron as prestacións por desemprego e co 32% de traballadores/as que teñen un salario inferior ao SMI: 707 euros ao mes.

Tamén lembran que nestes anos máis de 130.000 galegos/as, principalmente mozos/as, marcharon á emigración buscando traballo, polo que se en lugar de emigrar ficasen aquí o desemprego real superaría o 30%.

Ao mesmo tempo, sinalan que o do Estado español é o único caso no que o total dos salarios da clase traballadora descendeu nestes últimos seis anos preto dun 11%. Mesmo en Portugal, neste mesmo período, os soldos subiron un 4,45%, mentres que en Alemaña e Francia o incremento superou o 9%. “As reformas laborais conseguiron o que se propoñían, traballarmos máis e cobrarmos menos; os salarios que perdemos pasaron ás rendas do capital, persoas ricas e grandes empresarios/as, que aumentaron as súas fortunas e beneficios en máis dun 18%”.

Na CIG entenden que unha vez que conseguiron roubarnos gran parte dos nosos dereitos laborais crearon novas leis represivas de seguridade cidadá (Lei Mordaza) e do Código Penal para criminalizar a resposta e mobilización da clase traballadora “porque saben que sempre conquistamos os nosos dereitos coa loita”.

Consideran importante que na actualidade o PP non teña a maioría parlamentaria, “xa que estas leis que empobrecen e condenan ao sufrimento á clase traballadora poden ser anuladas”. Diante disto, chaman ao conxunto da cidadanía a participar nas distintas mobilizacións convocadas pola central para esa xornada.

Lugares e horarios das distintas mobilizacións:

-Vigo: no cruce da Dobrada ás 12:00 horas.

-Cangas: na Praza do Concello ás 19:00 horas.

-Corunha: na Praza de Vigo ás 12:00 horas.

-Cee: na Praza do Concello ás 12:30 horas.

-Compostela: na Praza Roxa ás 12:30 horas.

-Ribeira: na Praza do Peixe ás 12:00 horas.

-Ferrol: na Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 12:00 horas.

-Lugo: na Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 12:00 horas.

-Burela: en A. Pardiñas (local da CIG) ás 12:00 horas.

-Ourense: no Pavillón dos Remedios ás 12:30 horas.

-Ponte Vedra: na Praza da Ferrería ás 11:30 horas.

-Vila Garcia: na Casa do Mar ás 12:00 horas.

-Estrada: na Praza do Mercado ás 12:00 horas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar