Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 31 Mai 2016 07:15

Manifestaçom contra a Ence de Ponte Vedra tem significado especial este ano Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: AC Almuinha

Este sábado 4 de xuño terá lugar unha nova Marcha até a fábrica de Ence en Lourizán. Mais desta volta non será unha Marcha máis. Baixo o lema "Móvete pola Ría" esta mobilización producirase no contexto da prórroga por 60 anos que o goberno español en funcións (PP) ven de outorgarlle a Ence recentemente.

 Unha decisión que, malia que o goberno español se esforza en disimular como un "trámite administrativo", non parece moi apropiada e a ninguén se lle escapa que ten un claro compoñente político, e pon de manifesto unha vez máis a estreita relación e connivencia entre o PP e a empresa pasteira.

E desde logo non é unha decisión acertada, pois a permanencia da fábrica en Lourizán hipoteca o futuro da ría e destrúe emprego. E queremos incidir especialmente na destrución de emprego, pois é un argumento repetidamente alegado pola empresa para defender a súa permanencia na ubicación actual. Destrúe emprego ao danar a ría e por conseguinte a economía pesqueira e marisqueira, e impide coa súa presenza o desenvolvemento dunha economía turística e o estabelecemento dun sector económico limpo baseado no respeito ao medio.

Que esta é unha convocatoria especial ponse de relevo tamén nas entidades convocantes. Nesta ocasión a Marcha estará convocada pola Plataforma Ence Fóra da Ría para Sempre, da que a A.C. Almuinha forma parte, e pola Federación Ecoloxista Galega (F.E.G.).

O sábado reivindicarase o traslado da fábrica de Ence fóra da nosa ría; mais tamén a fin do monocultivo de eucalipto e o establecemento dunha política forestal racional que favoreza unha explotación ordenada e sostíbel dos nosos montes; así como o saneamento integral da ría.

A Marcha partirá o vindeiro sábado 4 de xuño ás 19:30h. das Alamedas de Marín e Pontevedra, e desde a A.C. Almuinha queren facer un chamamento á cidadanía para que apoie de xeito masivo esta convocatoria. Hai diferentes vías postas en marcha para impedir a permanencia de Ence na ría e a conseguinte destrucción da nosa ría, mais a mobilización social é un factor imprescindíbel. Sen unha resposta social contundente, na que fique ben claro que non queremos ese monstro no medio da nosa ría, a saída da empresa será máis difícil e o noso futuro máis negro.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar