Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 08 Mai 2017 16:43

CM de Ginzo avalia positivamente alternativas da Plataforma para evitar a corta de árvores

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia

Concordaron en que a mellor solucción ao problema da circulación de camións de grande tonelaxe non é ensanchar a Avenida de Celanova senón acondicionar as pistas transversais para que así poidan transitar por elas. Evitaríase deste xeito a talla das árbores centenarias e que o tráfico pesado teña que atravesar polo medio da vila. Urxe tomar medidas axiña que eviten o arboricidio. O colectivo rexistrou un escrito instando ao alcalde a que solicite unha reunión coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, para tentar modificar o proxecto. 

A Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia mantivo este mércores un encontro no Concello de Xinzo co grupo de goberno. "Agradecemos a disposición do alcalde Antonio Pérez, do arquitecto municipal e dos concelleiros para recibirnos. Nesta reunión, as persoas que asistimos en representación da Plataforma presentamos as nosas propostas para levar a cabo as melloras necesarias na Avenida de Celanova sen cortar as árbores, así como as solucións alternativas para a circulación do tráfico pesado garantindo a seguridade viaria."

Dende o equipo de goberno valoraron positivamente estas propostas, recoñecendo que son as máis axeitadas para as veciñas e veciños da Avenida de Celanova e en xeral para o pobo. Tanto o alcalde coma os edís e o arquitecto municipal concordaron connosco en que a mellor solucción ao problema da circulación de camións de grande tonelaxe non é ensanchar esta rúa senón acondicionar as pistas transversais para que así poidan transitar por elas. Evitaríase deste xeito a talla das árbores centenarias e que o tráfico pesado teña que atravesar polo medio da vila.

O goberno local manifestou a súa vontade para comezar a dar pasos encamiñados á posible modificación do proxecto da Axencia Galega de Infraestruturas para a Avenida de Celanova, sen concretarnos as accións que levará a cabo. E é que indicaron que poderían atoparse con eivas administrativas e orzamentarias para poder executar unha obra alternativa.

Dende a Plataforma pensan que, con vontade política, as distintas administracións competentes poderán chegar decontado a un acordo de colaboración como ten acontecido noutras ocasións.

Urxe tomar medidas axiña que eviten o arboricidio. O colectivo rexistrou un escrito instando ao alcalde a que solicite unha reunión coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez. As amigas e os amigos das árbores da Limia ofrecen o seu apoio ao Concello de Xinzo para iniciar contactos coa Xunta e tentar modificar un proxecto que ademais de acabar coa única avenida arborada que nos queda na vila só traerá prexuízos para todas e todos. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar