Dúas semanas despois de solicitar por rexistro a petición dunha xuntanza coa Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no obtiveron ningunha resposta. Dende a Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia peden publicamente a Ethel Vázquez e ao Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que os reciban.
Teñen recollidas máis de tres mil firmas contra un proxecto que o único que traerá é máis tráfico pesado a Xinzo de Limia coas súas nefastas consecuencias. Queren que escoiten as alternativas dos seus técnicos para levar a cabo as melloras necesarias na Avenida de Celanova sen ter que cortar 56 árbores centenarias que dan sombra no Camiño Mozárabe a Santiago ao seu paso pola vila.