Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 04 Fevereiro 2017 02:46

Vizinhança organizada na Comissom quer promover um entruido tradicional e limpo em Ginço

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Resenhas, Cultura/Música / Fonte: AJI/DL

Dende a comisión cren que "a esencia do Entroido non necesita de organización,máis na actualidade debido a gran afluencia de xente que acode a nosa festa necesitamos organizala".

Son un grupo de sete veciños/as que voluntariamente ofrecen un  traballo feito dende o seu punto de vista. "Cremos que é fundamental partir do respecto ás tradicións e unha boa convivencia,  por iso este ano,  igual que o pasado, temos unha exposición de carteis nos que se poden ver mensaxes  sobre a nosa festa" . Este ano publican un libro co programa onde se poderán ler recomendacións de como se viste a Pantalla e o que debe facer  e non facer unha Pantalla. Un artigo moi interesante sobre o noso Entroido e unhas entrevistas moi emotivas que se lle fixeron a xente con gran experiencia na nosa festa.

Volven apostar por un Oleiro tradicional,xa que pensamos que no  noso Entroido  hai lugar para todo dado a súa gran variedade.

Este ano haberá como novidade no Sábado do Colgamento do Meco un concerto á noitiña do grupo Pelepau e o Domingo Oleiro estaremos acompañados por grupos de música tradicional da Limia, así que,  festa asegurada.

Haberá un número considerable de baños públicos despois da gran acollida do ano pasado.

Dende a comisión queren  fomentar un Entroido limpo e xerar a menor cantidade de lixo posible e que a rúas non estean  cheas de vidro, por iso fixeron un vaso reutilizable que todo o mundo poderá mercar nos locais indicados  por 2 euros.

Quixeron darlle o seu espazo aos máis cativos por iso levan a cabo un obradoiro en colaboración co as ANPAS de os CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares chamado “Retrincos de Entroido” onde os nenos e nenas  colaboran na decoración das rúas. Para eles tamén hai espazo no programa, terán unha actuación o venres pola tarde e outra o luns. O Domingo de Piñata tamén estará dedicado a eles.

Este ano contan cunha gran variedade de charangas, empezando polas da casa, xa que en Xinzo temos unha gran canteira de músicos e seguindo por charangas do resto de Galicia, Asturias, Valladolid, León, Logroño e ata Portugal.

"Esto é un pouco a competencia da Comisión organizadora do Entroido. Outras materias coma limpeza e seguridade son competencia do Concello. Dende a nosa parte simplemente desexar a tódolos veciños e visitantes o mellor dos Entroidos", frisan.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar