Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 02 Mai 2017 17:09 Última modificação em Quarta, 03 Mai 2017 20:41

Límia: 2.500 pessoas contra o abate de árvores centenárias para alargar umha avenida de Ginzo

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia

A plataforma cidadá Amigas e Amigos das Árbores da Limia leva recollidas un total de 2.520 sinaturas que xa entregou ao Concello de Xinzo e á Xunta de Galicia. É outra iniciativa máis das que están levando a cabo para paralizar o inminente proxecto de acondicionamento da Avenida de Celanova que inclúe a corta de 56 plátanos dun cento de anos de antigüidade. 

A citada avenida forma parte do Camiño Mozárabe-Vía da Prata do Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade e Itinerario Cultural Europeo,  de xeito que a talla destas árbores entraría en contradición coas recomendacións da Guía de Boas Practicas do Camiño de Santiago.

Melloras si, pero non a costa das árbores

Dende a plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia insistien, "nós non nos opoñemos á mellora da Avenida de Celanova, consideramos que si que deben levarse a cabo as obras necesarias na rúa: alumeado, saneamento, arranxo de beirarrúas... Pero si que estamos en contra do ensanchamento da rúa cortando máis de medio cento de árbores!"

Coma os propios datos da Policia Local de Xinzo de Limia recollen, o treito obxecto desta intervención prevista pola Axencia Galega de Infraestrutura ten unha baixa siniestralidade. Pola contra, o ensanche desta avenida suporía un aumento considerable do tráfico pesado, co conseguinte risco de accidente para peóns e condutores. Medrarían ademais o ruído, a contaminación acústica, a suciedade, a contaminación ambiental…

En definitiva, levar adiante esta obra sen sentido suporía unha perda importante para a calidade de vida dos residentes da Avenida de Celanova e en xeral para o benestar de todos os vecinos e veciñas de Xinzo de Limia. As árbores dan sombra, permiten un aforro de enerxía tanto no verán coma no inverno ás vivendas desta rúa, revalorizan o prezo dos inmobles, diminuen a contaminación e melloran a saúde dos cidadáns e o seu estado emocional.

Propoñen alternativas

A solución ao tráfico pasa polo acondicionamento das circunvalacións xa existentes para que sexa posible o desvío dos vehículos pesados por fóra da vila. Hoxe en día os camións de grande tonelaxe non poden pasar por esas vías e se anchean a Avenida de Celanova como pretenden nunca farán estas necesarias circunvalacións e condenarán aos veciños e veciñas a soportar o paso do transporte pesado atravesando o medio de Xinzo de Limia.

Retirar espazos verdes para derivar o tráfico pesado polo centro dunha vila sería ir en contra dos proxectos urbanísticos que na actualidade se levan a cabo nos países máis desenvolvidos.  

Apadriñamento de árbores

Así mesmo continuan coa campaña de amadriñamento e apadriñamento das árbores da Limia á que se uniron xa medio cento de persoeiros das letras, da televisión, da música e da cultura en xeral.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar