Son xa demasiados anos dando largas e facendo maniobras dilatorias de todo tipo por parte das administracións con competencias sobre a ria. Esta ria, que baña a catro concellos da nosa comarca (Oleiros, Cambre, Culleredo e Coruña) é a grande esquecida sempre nas leis de orzamentos tanto do estado como da comunidade autónoma. Todas as administracións teñen o deber de porse dacordo e coordenarse para descontaminar e recuperar a ria. Pero esta é unha batalla de longo percorrido na que levan inmersos tanto o movimento viciñal como o colectivo de mariscadores e mariscadoras moitos anos, incluso desde antes que existira a plataforma. O que é inadmisible é que, para unha actuación concreta que se aprova, esta se conxele no tempo baixo o pretexto dun estudo de impacto ambiental que non se dá resolvido e outras enleadas. Tamén é absolutamente urxente dar solución á situación laboral e económica desesperada dos traballadores e traballadoras do sector marisqueiro, tendo en conta que incluso se están dando casos de embargos por parte de Facenda.
Por todos estes motivos, chamamos a secundar a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Ria do Burgo, que terá lugar o dia 14 na Coruña, saindo ás 12 da mañá da Casa do Mar e rematando diante da sede da Delegación do Governo. Como sempre, en defensa dos nosos espazos naturais para o proveito e desfrute do conxunto do povo