Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 01 Junho 2016 03:44

Precariedade laboral dos 'minijobs' atinge bombeiros/as em Lugo

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MIBG

Dende o Comité de Empresa de Veicar Lugo, concesionaria dos parques de Bombeiros comarcais de Vilalba, Barreiros e Viveiro, recibiron a denuncia da situación laboral de varios compañeiros, que cumpren coa súa función a xornada parcial de ⅓ de xornada. Isto supón que lonxe das 40 horas semanais que prestan servizo os bombeiros de xestión privada en Galicia, teñen contratos dunha media de 13 horas semanais, coa consecuente precaria situación económica e laboral que isto supón para o 15% dos empregados que esta concesionaria xestiona en Lugo.

Non é o único caso nos parques de Bombeiros comarcais de Galicia, pois deuse tamén na concesión da Deputación de Pontevedra a Matinsa polo mesmo concepto, o que obrigou a buscar unha solución consensuada para eliminar este tipo de contratos que está en vías de implantación.

Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros súmanse polo tanto á denuncia dos seus compañeiros e solicitan, en primeiro lugar, que se absteñan de promocionar situacións parecidas, e que no caso sinalado se busque unha solución consensuada entre Administración, traballadores e empresa que non deixe a ninguén no camiño. Non cabe perpetuar esta situación de precariedade laboral para traballadores aos que ao final do día se lles esixe mesmo que arrisquen a súa vida.

En calquera caso resulta sangrante que dende a propia administración se teñan impulsado estes «minijobs» outorgándolle unha puntuación favorable nos pregos de condicións. Isto non deixa de ser un mais dos absurdos que a xestión indirecta de servizos esenciais provoca, e encádrase polo tanto na loita que dende a MIB levamos anos impulsando para rescatar o servizo e que deixen de facer negocio coa seguridade e a vida dos nosos veciños.

Reprodúcese a continuación o comunicado dos compañeiros de Lugo:

Dende o comité de empresa Veicar Lugo, composto polos sindicatos de C.C.O.O, S.I.B.G.A.L, e C.I.G, queremos deunciar a situación laboral de 9 postos de traballo a tempo parcial nos parques de Vilalva Barreiros e Viveiro. Estes traballadores levan 5 anos a traballar cun salario mensual de 398 euros. Traballan a 1/3 da xornada laboral en fins de semana normalmente. Resultalles dificil conciliar con outros traballos xa que teñen dispoñibilidade e pódenlles facer distribuciòns irregulares da xornada. Estes 9 postos de traballo foron unha mellora posta pola empresa Veicar S.L na mellora do prego de condicións. Mellora que a administración aceptou e coñecedora da mensma non lle da solución facendo oidos xordos a petición dos sindicatos.

Dende o comité de empresa queremos deixar claro que esta situación é insostible e é necesario darlle remedio.

Un saudo o comité de empresa

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar