Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 27 Mai 2017 14:45 Última modificação em Terça, 30 Mai 2017 23:01

Oposiçom "democrata" venezuelana obriga a suspender ato na Galiza mediante ameaças

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Direitos nacionais e imperialismo, Antifascismo e anti-racismo / Fonte: Diário Liberdade

Ameaças de agressons, insultos e umha contramanifestaçom, as ferramentas de pressom dos e das opositoras.

O evento programado para passado dia 25 de maio em Marim sobre a atual situaçom da Venezuela tivo que ser suspendido perante as ameaças de agressons exprimidas pola oposiçom capitalista venezuelana residente na Galiza. As ameaças, que chegárom a materializar-se numha manifestaçom com o intuito de impedir o ato divulgativo e de debate para a qual os e as opositoras queriam levar autocarros, e que foi autorizada pola Cámara de Marim e pola sub-delegaçom do Governo Espanhol.

Nos dias prévios à manifestaçom, as e os venezuelanos capitalistas postárom ameaças e prometêrom agressons, como já informamos no Diário Liberdade (ver aqui).

Reproduzimos a seguir o comunicado de AGABO e Mar de Lumes, dando explicaçons completas do acontecido:

Comunicado á opinión pública galega diante das ameazas recibidas en relación á palestra sobre Venezuela convocada para este 25 de maio

Para o día 25 de maio de 2017, a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) e Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista e tiñan solicitado e convocado na Biblioteca Pública de Marín un acto público sobre a situación actual en Venezuela. Estaba previsto que neste acto estivesen como convidados Mónica Sánchez, Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, e Farruco Sesto, arquitecto e poeta e ministro de Cultura e tamén de Vivenda durante o goberno de Hugo Chávez.

O obxectivo do acto era dar a coñecer a realidade do país máis alá das distorsións e falsesdades que certos grupos paragolpistas tentan difundir na nosa sociedade, transfirindo toda a responsabilidade das vítimas mortais, as feridas e a destrución das protestas das últimas semanas ao goberno de Nicolás Maduro e obviando o papel golpista da oposición e o xogo inxerencista das potencias que a apoian: dos Estados Unidos á Unión Europea, pasando pola Organización de Estados Americanos. A chamada “oposición pacífica e democrática” ten no seu haber a violencia máis descarnada que acontece en Venezuela nos últimos tempos, facendo chamamentos á intervención militar estranxeira e descoñecendo as súas propias institucións públicas, o que leva a pensar que o seu obxectivo non é a construción dun país, senón o exterminio do chavismo.

Este acto público vén de ser suspendido ante a imposibilidade de garantir a integridade física do público e dos convidados, despois de que ambas organizacións teñan recibido ameazas por parte de grupos de residentes venezolanos en Galiza.

Contra as ameazas e a connivencia do Estado español Desde AGABO e Mar de Lumes queremos denunciar, en primeiro lugar, a hipocrisía daqueles e aquelas ás que se lles enche a boca falando de democracia e liberdades civís en Venezuela mentres fan chamamentos públicos a rebentar o acto organizado en Marín pola solidariedade galega. Estes grupos, que fan de correa de transmisión da oposición golpista venezuelana, e teñen o mesmo modus operandi que aqueles que atacaron a embaixada de Madrid hai uns días e outras misións diplomáticas noutros países europeos, teñen o obxectivo de, por medio do caos e a violencia neste
tipo de actos públicos, dar a sensación de que a situación en Venezuela está absolutamente fóra de control e que tamén as comunidades emigradas se están a activar contra o goberno. Como organizacións convocantes, non estamos dispostas a dar a estes grupos violentos a satisfacción dun titular neste sentido, máxime cando sabemos que se trata dunha minoría e que a maioría da comunidad venezuelana no
noso país, a favor ou contra o goberno, ten unha actitude moito máis civilizada que o que isto quere dar a entender.

En segundo lugar, queremos tamén denunciar a connivencia do Estado español e do goberno municipal de Marín, autorizando, por medio da subdelegación do goberno, unha concentración pública destes grupos no mesmo lugar e á mesma hora que o acto que estaba previamente convocado. Ao facer isto, o goberno español fai deixación expresa das súas responsabilidades na protección da integridade das persoas e, o que é pior, favorece enfrentamentos violentos, a pesar de se ter posto no seu coñecemento as ameazas recibidas e malia ter visto xa, no exemplo da embaixada de Madrid, o grao de “pacifismo” das concentracións destes grupos.

Finalmente, desde Mar de Lumes e AGABO, queremos expresar a nosa firme solidariedade co pobo venezuelano e co proceso revolucionario bolivariano e a súa Constituínte, único xeito de acadar unha resolución pacífica, consensuada e altamente democrática. Como organizacións antiimperialistas, continuaremos a facer o noso traballo de denuncia pública e de información internacional, que se concretará en novos actos de solidariedade nas vindeiras semanas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar