Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 17 Junho 2017 17:55 Última modificação em Quarta, 21 Junho 2017 02:54

Concentraçons na Galiza para contestar a violência machista

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: PFG
As organizacións de mulleres, apoiadas por entidades cidadás e políticas, convocan mobilizacións en máis de 100 concellos en todo o estado. Esixen ao Goberno de Rajoy que aumente nos Orzamentos Xerais a asignación destinada ao Pacto de Estado contra a violencia machista a 120 millóns de euros.
Ante o número incesante de mulleres 41 (dúas delas na Galiza) e criaturas 7 asasinadas no que levamos de ano, o movemento feminista considera que urxe un compromiso político que se traduza nun incremento de recursos. Para reclamar, o luns 19 de xuño, a mesma semana na que chegarán o PGE ao Congreso, convocáronse protestas nos concellos desde as 12 ás 00 horas. En cada un dos concellos organizáronse diversas accións de protesta, de información á cidadanía, talleres, e a lectura da moción que se van a presentar ao Pleno Municipal.
No Proxecto de Orzamentos do Estado, as actuacións para a prevención da violencia de xénero ascenden, tras a presión dos colectivos feministas, a 31,7 millóns de euros. Iso supón un 25,7% máis que en 2016 pero continúa sendo un 2,20% inferior a 2010. Tamén se denuncia unha conxelación, en 19.741.840 euros, do Programa 232B Igualdade entre mulleres e homes, un 41,2% menos que en 2010.
Os 51,4 millóns de euros que suman ambos son o 0,011% dos gastos do Proxecto de Orzamentos do Estado. ?É necesario destinar máis recursos á prevención nos ámbitos educativo, sanitario e de medios de comunicación ou a atender a violencia sexual como prevé o Convenio de Istambul desde 2014?, aseguran desde as organizacións convocantes. Tamén se reclama unha mellora da resposta xudicial e que se cubra o custo dos servizos xurídicos, psicolóxicos e sociais nas entidades locais, tal e como establece a Lei de igualdade.
No caso galego está prevista a lectura dun manifesto ás 12h do luns día 19 diante dos concellos de Ames, A Coruña, Compostela, Vigo, Lugo e Vilagarcía. Nestas vilas as actividades extendereanse ao longo de toda a xornada como medida reivindicativa de presión. Eas organizacións convocantes fan un chamado a todas as organizacións sociais e persoas independentes que queiran a se sumaren a estas actividades.
Doutra anda a asociación Buserana ven a se unir a esta iniciativa facendo entrega en tódolos rexistros dos concellos da Costa da Morte a moción “PACTO PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para que sexa presentada e aprobada nos plenos municipais. Tamén na mariña desde a Mesa Interinsitucional de violencia de xénero do concello de ribadeo ven de amosar o seu apoio ao manifesto.
As entidades que dan apoio á mobilización manifestan que a violencia machista é unha cuestión de Estado, que afecta á metade da poboación e que ten unha causa estrutural que é a desigualdade entre mulleres e homes. "Se non se aposta economicamente por ese Pacto de Estado, nacerá morto", conclúen.
Toda a información sobre a convocatoria xeral e na Galiza* na páxina https://plataformafeministagalega.org/9xalertafeminista
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar