Farao a través dunha charla e concerto didácticos cos que coñeceremos máis sobre este instrumento que a piques estivo de desaparecer e que conta con múltiples posibilidades grazas a súa versatilidade. Como mostra dos amplos recursos interpretativos do instrumento, neste concerto escoitaremos temas da tradición galega pero tamén da irlandesa ou da armenia, pasando por composicións medievais e barrocas ata chegar a pezas de composición propia.
O pito pastoril galego, un tipo de frauta que se toca cunha dixitación similar á da gaita, contou cunha ampla traxectoria no noso corpus musical. Agora está en pleno proceso de recuperación, reinvidicando, grazas a traballos como o de Efraím Díaz, un lugar protagonista na música galega.
Xoves 2 de xuño ás 19h30. Entrada gratuíta ate completar aforo.