Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 02 Junho 2016 11:05 Última modificação em Sábado, 04 Junho 2016 20:25

Adega e MariñaPatrimonio registam danos massivos ao património por causa da indústria do eucalipto

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Adega

ADEGA e Mariña-Patrimonio denuncian danos masivos ao patrimonio histórico-arqueolóxico pola industria do eucalipto.

ADEGA e MariñaPatrimonio acaban de presentar 40 novas denuncias por danos ao patrimonio histórico-arqueolóxico causados polos labores asociados á explotación forestal do eucalipto: plantacións, cortas, apertura de pistas, rozado con maquinaria pesada, etc. 
De feito, no N da provincia de Lugo, unha área intensamente eucaliptizada, levan documentado e presentado nos últimos 5 anos un total de 56 denuncias. 
ADEGA e MariñaPatrimonio coidan que boa parte dos xacementos arqueolóxicos desta área xeográfica (uns 500), poden estar afectados nalgunha medida polos labores asociados á explotación forestal do eucalipto.   
Entre estes últimos 40 xacementos afectados figuran 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada. 
Por concellos, as afeccións documentadas distribúense do seguinte xeito: 
Abadín, 3
Lourenzá, 1
O Vicedo, 2 
Alfoz, 3
Mondoñedo, 5
Viveiro, 2 
Barreiros, 3
Trabada, 1
Xove, 5
Foz, 3
Valadouro, 11
Friol, 1             
Coidan que estas 40 novas denuncias són só unha pequeña mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos submetidos á ditadura do eucalipto. Extrapolando os datos ao preto do medio millón de hectáreas eucaliptizadas en Galiza, a magnitude da afección patrimonial (con danos por veces irreparábeis sobre o ben, chegando mesmo até a desaparición do xacemento) e o impacto cultural asociado, podería ser inmensa.
Responsabilidades compartidas entre a industria e a Xunta
As responsabilidades destas desfeitas distribúense, na opinión de ADEGA e MariñaPatrimonio, a partes iguais entre a industria do eucalipto e a Xunta de Galiza. A primeira, por actuar irresponsabelmente e sen un mínimo respecto por un patrimonio que é de todos, só centrada na produción a toda costa para satisfacer a cobiza de ENCE. No tocante á Xunta, a súa responsabilidade é quizáis maior, por abandonar o seu labor de coidado, vixianza e control dun valiosísimo patrimonio público.
E perante a inoperancia da administración, somos a cidadanía organizada a que estamos asumindo o papel de tutelar estes bens. Adega e MariñaPatrimonio continuarán a documentar e a denunciar perante os servizos de Patrimonio e o SEPRONA todos aqueles casos que poidamos constatar nos que se produzan danos ao noso patrimonio. Valéndose da listaxe dos xacementos e contando cos recursos que as novas tecnoloxías ofrecen, con actualizacións periódicas de imaxes de satélite, pódese facilmente comprobar se houbo cortas e/ou plantacións de eucaliptos sobre unha determinada zona. Como é que a Xunta non o fai contando con moitos máis recursos?
Perante esta situación, ADEGA e MariñaPatrimonio pedirán tamén áo amparo da UNESCO, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, para frear a destrución masiva dos bens arqueolóxicos galegos pola industria eucaliptal e a inoperancia da Xunta.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar