Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 21 Julho 2017 18:17 Última modificação em Sexta, 21 Julho 2017 18:31

Bombeiras e bombeiros das Pontes, Cee e Santa Comba estarám em greve indefinida desde dia 24 Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: SIBGAL

Ante a posibilidade de desconvocatoria da folga autonómica dos parques comarcais de bomberios de xestión privada de Galicia os traballadores dos parques de As Pontes, Cee e Sta.Comba convocan un ha nova folga indefinida contra a empresa Natutecnia por mor de garantir o cumprimento estricto dos dereitos dos traballadores sen que exista modificacion arbitraria e inxustificada das suas condicions de traballo e que se veñen a producir dende a negociación e firma do convenio colectivo en vigor.

Hai tres anos, tras a firma do convenio deuse fin a unha primeira folga pero tal e como cantaba Julio Iglesias.......la vida sigue igual.

De feito, tan so tres meses despois de rexistrar o convenio os traballadores denunciaban no xulgado varios puntos que non conseguiron arranxar pola vía do dialogo antes de acudir a xustiza.

Un dos puntos denunciados foi o impago dos salarios na data fixada por ambas partes. Este conflicto foi estimado os traballadores e unha vez mais para intentar eludir a sentenza e seguer coa política represiva que caracteriza a Natutecnia, esta comunicou os bombeiros que terian que ir buscar a sua paga mensual mediante talón nominativo o seu centro de traballo.

E agora tal e como cantan os Estopa.......suma y sigue.

Unha empresa que percibe puntualmente os pagos da administración non actualiza o IPC dos traballadores. ¿Como é posible que unha empresa que non depende das fluctuacións do mercado nin da producción ataque os seus traballadores pola vía salarial?

Con unha media de salario de 1.150€ netos por bombeiro, Natutecnia golpea onde mais doe. Hai dous anos non pagando na data fixada en convenio e agora non actualiza os “grandes salarios” dos bombeiros. E todo isto producese baixo o amparo da Xunta de Galicia, que segue a incumprir a Lei de Emerxencias de Galicia, non fai ren por homoxeneizar os servizos de emerxencias e que fai a vista gorda na maravillosa e eficiente
xestión de empresas como Natutecnia, a cal ten tres parques na provincia de A Coruña con salarios diferentes en cada parque, e todos eles inferiores o resto dos sete parques xestionados pola outra concesionaria.

Unha empresa que conforma unha UTE por cada parque e así os traballadores non poden formar un comité de empresa.

Tres UTES, que por lei non teñen a obriga de presentar contas no Rexistro Mercantil para que calquer cidadan teña acceso publico o resultado de contas dunha empresa pagada con cartos públicos.

Iso si, o que sempre alega a empresa os seus traballadores é que a xestión dos parques faille perder cartos..........¿estaremos ante un novo tipo de ONG do século XXI?

Nunca se conquerira igualdade entre os bombeiros da nosa comunidade autónoma se deixan en mans das empresas privadas a xestión dun servizo esencial para a cidadania.

Polo tanto, os bombeiros de Natutecnia en Coruña comezaran unha nova folga indefinida a partires do 24 de Xullo as 00:00.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar