Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reclamana absolución de Laura Bugalho e a súa liberdade sen cargos.
"O movemento feminista galego en toda a súa diversidade é espazo de encontro e Laura Bugalho foi sempre compañeira de encontros e loitas para todas nós. Hoxe ela pasa por un momento complicado e nós queremos acompañala. Porque se ser feminista, obreira, migrante ou muller é delito, terán que vir por todas nós. Porque todas somos Laura Bugalho".