Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 09 Junho 2016 15:07

Aceite na Europa a demanda contra o Estado espanhol por descumprimento da normativa europeia sobre menores e vítimas da violência machista

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: AGAMME

A demanda, promovida por AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores), a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigoe o Grupo de Investigación Antígona da Universidade Autónoma de Barcelonadenuncia unha praxe xudicial asentada que non se axusta aos estándares europeos de atención a vítimas de especial protección, como son as de violencia de xénero e de maltrato infantil e, facendo mención aparte, as vítimas de violencia sexual menores de idade.

O texto céntrase na vulneración de dereitos fundamentais sufrida por este tipo de vítimas nos procedementos xudiciais e presenta unha serie de peticións tendentes a axustar o marco normativo español, coa fin de concretar certos aspectos como son o grao de especialización que deben ter os profesionais que atenden ás vítimas durante o procedemento, o establecemento duns prazos de intervención que faciliten a recollida da proba, a protección do dereito do neno e da nena a ser escoitados eliminando a muletilla “que tenga madurez” presente na normativa española como elemento que limita o acceso a este dereito, medidas de protección efectiva das vítimas respecto do seu vitimario durante a investigación e durante o xuizo oral, recollida de datos estatísticos incluídos os referidos a nenos e nenas vítimas de maltrato infantil ou violencia de xénero, etc .

O obxectivo da demanda é lograr unha maior adaptación da xustiza aos delitos relacionados co maltrato infantil e a violencia de xénero, de tal maneira que se facilite o seu enxuizamento, partindo de que nunha porcentaxe elevada se trata de delitos que só poderán ser probados a través da proba testifical da propia vítima. É ese o motivo de que se conceda tanto espazo ás condicións nas que se debe realizar a recollida do testemuño, así como as medidas de protección que debe recibir a vítima antes e durante a realización da proba.

Por último, a demanda adica un espazo a solicitar a erradicación de prácticas non científicas que producen desprotección nas vítimas deste tipo de delitos. Así pois, o texto denuncia a xeralización da aplicación dunha teoría sen recoñecemento científico dentro do sistema xudicial español: a denominada suposta síndrome de alienación parental (sSAP) e o seu complemento “terapéutico”, a terapia da ameaza.

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo non só admite a trámite a demanda, senon que atopa datos suficientes como para entender que é precisa unha intervención, polo que solicita á Comisión Europea a apertura dunha investigación sobre a base da información aportada, ao mesmo tempo que remite a petición cara a Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior e a Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar