Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 07 Mai 2018 20:48

CUT adere à greve geral galega convocada pola CIG

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CUT

A CUT chama á CIG a afrontar unha greve xeral real dende a unidade como única garantía posible de éxito.

O Secretariado Nacional (S.N.) da Central Unitaria de Traballadores/as, lanza unha convocatoria de Xuntanza coa CIG para trasladarlle que nun contexto adverso como o actual ou a greve se encamiña dende a unidade sindical ou está condenada a ser pura estética e apariencia.

O pasado sábado celebrouse na cidade de Vigo a xuntanzado Secretariado Nacional (máximo órgano) da Central Unitaria de Traballadores/as, no que se someteu a debate o anuncio unilateral que lanzou a CIG dunha greve Xeral para o 19 de xuño. Nun contexto no que non cabe o minifundismo sindical, a CUT vén de convocar unha xuntanza co Secretario Xeral da CIG o vindeiro mércores ao obxecto de trasladarlle as súas consideracións sobre a convocatoria, que deben ser públicas en canto o debate sobre a greve Xeral pertence a todas as traballadoras e traballadores, e o seu éxito só será posíbel se o conxunto do pobo traballador se compromete co resultado.

Froito desa xuntanza do Secretariado Nacional son as seguintes CONSIDERACIÓNS, que se someten ao debate social.

1.- A greve Xeral é unha necesidade e unha urxencia obvia ante un contexto de recorte de dereitos sociais, económicos, civís e políticos para o conxunto do pobo traballador. Pero tamén é unha ferramenta de transformación social. Non caben convocatorias intempestivas, inútiles, propagandísticas ou mesmo electoralistas que sirvan a fins alleos aos intereses do conxunto das traballadoras e traballadores de Galiza. Unha greve mal convocada ou mal enfocada pode supoñer un retroceso histórico en canto que resposta natural das obreiras e obreiros a unha convocatoria decorativa é a desafección pola convocatoria pero tamén polo propio movemento sindical.

2.- Non hai dúbida de que CCOO e UGT, aínda que insertas en diversas manobras de maquillaxe para sobrevivir á súa caída, seguen sendo tamén responsables e xestoras cómplices da actual situación de bloqueo técnico do movemento obreiro. Só se pode construír un movemento sindical forte e de futuro superando as súas diferentes estratexias de desmobilización social. Pero a pesares deste coñecemento hai que diferenciar entre a vontade de mobilizar un país en chave de greve Xeral e a capacidade real de convocatoria. Que CCOO e UGT, por intereses propios, se poñan de lado diante dunha convocatoria de greve Xeral require un sobreesforzo do movemento sindical galego para que esa xornada de resposta obreira sexa masiva e incontestable.

3.- Non imos permitir que se cuestione a utilidade dunha greve en chave nacional galega. Demostrouse nas rúas que o pobo traballador galego está a dar leccións de dignidade e a desenvolver mobilizacións históricas. O pobo ten fame de greve Xeral e de coordenación de loitas en chave obreira. Xa sexan as mobilizacións das e dos pensionistas, sexa o éxito incontestable do 8 de marzo, sexan as mobilizacións en defensa dos servizos públicos... temos demostrado non só a urxencia, senón a capacidade de levar adiante unha greve Xeral exitosa en chave nacional. A letanía que quere poñernos á agarda dunha convocatoria lanzada dende Madrid é unha trampa para desmobilizar á clase traballadora galega e someternos aos tempos de CCOO e UGT, que lanzarán a greve Xeral aos ritmos da súa campaña electoral.

4.- Isto así, o contexto obxectivo no que cae a convocatoria é de debilidade. Dunha banda estamos nun ciclo de desmobilización do que nos estamos recuperando, recuperación na que teñen contribuído considerablemente o movemento feminista e a greve do persoal da administración de xustiza galega. Doutra banda a ausencia das grandes marcas sindicais vai requerir a activación de todo o tecido sindical combativo nacional, a non ser que queiramos limitar a convocatoria á mera apariencia e propaganda.

5.- Por todo o anterior, só existe unha opción de levar cara adiante esta convocatoria con garantías: a unidade sindical de todas as forzas que se sumen á convocatoria. A CUT quere contribuír ao éxito da greve Xeral pero isto require un cambio de actitude da CIG, xa non serven as saídas unilaterais. Esta situación require unha gran mobilización social que pase polo deseño dun programa de mobilizacións baixo o principio da unidade sindical e a igualdade entre centrais sindicais, asembleas en unidade sindical nos centros de traballo, mobilizacións previas conxuntas, a formulación de piquetes e accións de todas as centrais convocantes e tamén a convocatoria de mobilizacións unitarias e en pé de igualdade entre todas as participantes o propio día da greve Xeral en todo o país.

Unha vez celebrado ese encontro co Secretario Xeral da CIG o Secretariado Nacional da CUT fará a avaliación pública da xuntanza e fixará a súa posición final ao redor desta convocatoria. Non nos manteremos á marxe dunha convocatoria pola que levamos anos pulando. Pero tampouco nos faremos responsables dun fracaso na convocatoria se nos queren arrastrar a algo que non é unha greve senón mera propaganda sindical. Os tempos piden unidade obreira e sindical.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar