Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 17 Junho 2016 14:39 Última modificação em Segunda, 20 Junho 2016 16:16

Palestra de José Iglesias em Vigo: "Potencial transformador do municipalismo"

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: ODS-Coia

O xoves 23 de xuño, día da festa de San Xoán, contaremos coa presenza de José Iglesias Fernández (Seminario de Economía Crítica Taifa) que falará "Potencial transformador do municipalismo". A palestra comezará ás 19:30 no local da cooperativa Árbore (r/López Mora, 30 - Vigo) nunha actividade que organizamos: Árbore, G.A.S. e a ODS-Coia.

No capitalismo, todas sabemos que a riqueza que se produce colectivamente é apropiada individualmente polos capitalistas. O capitalismo está a demostrar que o mesmo fai beneficios cando crece (en períodos de expansión) que cando decrece (en períodos de crises). Por tanto, transformar o capitalismo supón eliminar o poder que exerce a clase propietaria sobre os medios e recursos produtivos, así como asumir esta labor de insurrección por parte da clase traballadora en particular, e os/as cidadáns/as en xeral.

Agora ben, o municipio é o espazo no que vivimos e traballamos a maioría das persoas (soas ou en familia) polo que o noso benestar individual e colectivo depende, en gran medida, das políticas que se desenvolven na Alcaldía. Con todo, son unhas poucas persoas as que participan, deciden e xestionan, tanto a calidade como a cantidade dos bens e servizos baixo o control do Concello.
De aquí a importancia do municipalismo como ámbito onde se ha iniciar o proceso de transformación, como proceso para recuperar e converter en riqueza comunal os recursos produtivos en mans privadas (naturais, medios produtivos e coñecemento), e recuperar desde a Alcaldía a xestión directa e horizontal da riqueza producida de forma colectiva, pero apropiada individualmente polos capitalistas.

Tendo en conta a importancia que ocupan tales bens públicos na satisfacción das nosas necesidades materiais e culturais, non podemos ignorar o ámbito do municipio, nin deixar en mans duns poucos a administración da riqueza colectiva que se move desde a Alcaldía.

O municipio convértese no ámbito de partida, un lugar de arranque, desde onde os colectivos sociais, e en especial os de conformación urbana, han de comezar a transformación social cara á sociedade comunalista, cara a unha sociedade non propietarista, sen clases, antixerárquica, antipatriarcal e antimilitarista, entre iguais.

Por que é importante o municipalismo nos procesos anticapitalistas?

Porque supón o espazo onde se ten que dar: 1) o choque entre o capitalismo como sistema e os xermes do seu modelo alternativo; 2) a substitución entre as formas de goberno (a existente, representativa, pola alternativa, horizontal); e 3) a organización da insurrección pola múltiple presenza dos suxeitos sociais que teñen que asumir o deseño dos procesos e a transformación desta sociedade.

Fases do proceso municipalista:

O proceso contempla dúas fases, que dependerán está claro, da capacidade das organizacións, dos colectivos sociais e das persoas para impoñer a xestión e organización comunal dos recursos e da propiedade, e do deseño que realicen dos seus propios procesos de transformación social:

Unha primeira fase, dentro do capitalismo, que estará dividida en a) o municipalismo de mercado, na que domina o sector privado; e b) o municipalismo de servizos públicos (ou Estado do Benestar) no que domina o sector público, representado pola Alcaldía.

A segunda fase será considerada como o período de transición á propiedade comunal. É dicir, un tempo no que se vai impoñendo o dominio do sector comunal, tanto na xestión pública, como na produtiva e distributiva.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar