A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra, mobilizou-se polas rúas de Ferrol, este domingo 19 de Xuño, saíndo en manifestación sobre as 12 do mediodía, desde a Praza Amada Garcia até o Cantón, onde tivo lugar unha concentración e a lectura, por parte de Alberto Ameneiros -veciño da comarca que retornou hai escasos días do campo de Idomeni (Grecia), onde estivo como voluntario- do manifesto unitario: Rachemos coas fronteiras, non ás guerras.
O acto encadra-se no 'Día mundial das persoas refuxiadas' [*]. onde houbo centos de mobilizacións en todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas e inmigrantes, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais. As mobilizacións esixiron rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.